Samu, Campión de España con Galicia

11 de Marzo de 2020
Galicia Campeón 1
A Selección celebrando o título en Madrid.
  • O mediocentro foi titular en ambos partidos da Fase Final

Santiago de Compostela, a 11 de Marzo de 2020.

A Selección Galega UEFA logrou o seu obxectivo, é Campioa de España e con ela todos os xogadores branquiazuis que participaron durante estes meses co combinado autonómico. Nesta Fase Final, o noso capitán Samu Rodríguez foi o noso estilete en Madrid, disputando 60 e 90 minutos, respectivamente, nos triunfos contra Baleares (semifinais) e Andalucía (final).

O mediocentro de Bembibre foi un estandarte no centro do campo de Iván Cancela, acompañando a Diego Uzal na zona de creación galega. Por iso, foi un fixo nas convocatorias e en todos os encontros da selección.

Con todo, a pesar de non estar presentes nesta Fase Final de Madrid, este gran logro tamén foi posible grazas á colaboración doutros tres xogadores da SD Compostela. Miki, Josiño e Brais Abelenda participaron nos adestramentos e xogaron nas anteriores fases, nas que Galicia foi armando o seu camiño ao título.

Precisamente, no caso de Miki e Brais non puideron estar presentes estes días en Madrid por senllas lesións, xa que estaban na convocatoria final do técnico galego.

Por todo iso, queremos mandar o noso máis sincero parabén a todos eles, así como a todos os integrantes da Selección e á Federación Galega de Fútbol.

Samu Copa Compañeiros Equipo 1
Samu, recordando aos seus compañeiros de equipo que non pudieron estar en Madrid.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.