Anxo Pérez rescinde o seu contrato coa SD Compostela

3 de Xuño de 2020
Marcha Anxo Pérez Twitter 1
  • O porteiro deixa a entidade branquiazul por motivos persoais e xa non regresará aos adestramentos este próximo luns

Santiago de Compostela, a 3 de Xuño de 2020.

Anxo Pérez Barbazán non continúa na SD Compostela ao rescindir o seu contrato de mutuo acordo co club. O porteiro de Negreira decidiu deixar a entidade branquiazul por motivos persoais, despois de dúas tempadas, polo que xa non regresará aos adestramentos preparatorios do playoff exprés, programados a partir deste próximo luns 8 de xuño.

O gardameta de 24 anos abandona o club despois de dúas campañas nas que o seu protagonismo foi de máis a menos. No primeiro ano disputou un total de vinte e cinco encontros, alternando a súa posición baixo os paus ao longo de todo o curso, mentres que neste segundo xogou tan só cinco encontros, divididos entre Copa Deputación e Copa Federación.

O club quere agradecer a Anxo o seu compromiso durante a súa etapa en Santiago, na que ademais de demostrar os seus grandes dotes coas luvas, foi tamén clave para o bo ambiente que impera no plantel. Ademais, a SD Compostela deséxalle a maior das sortes para o seu futuro, tanto no plano futbolístico coma no persoal. Moitas grazas, Anxo.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀🎥 Revive a presentación oficial de Manel Menéndez na Brasería A Grella!!!💙 O novo técnico da SD Compostela deu as súas primeiras declaracións nas instalacións do seu patrocinador oficial!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🙌 O Compos segue avanzando na súa dixitalización co novo patrocinio con Cluber App!!!💻 Grazas ao seu software de xestión, melloramos o servizo para a inscrición dos futbolistas, o cobro de cotas ou os trámites administrativos!!!💙 Benvidos ao Compos!!!#PatrocinioCluber ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Grazas Bodegas sampayolo polo voso apoio e compromiso durante esta Tempada!!!🙌 Grazas por formar parte do noso proxecto e por confiar e crecer da man do Compos!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🦷 En Clínica Baltar, a 𝐂𝐥í𝐧𝐢𝐜𝐚 𝐃𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐎𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 da SD Compostela estamos nas mellores mans para coidar a nosa saúde bucodental!!!🪥 O último en visitar as súas instalacións foi Samu Rodriguez para coñecer os seus servizos e tratamentos!!! Recorda que como abonado contas con descontos especiais!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.