O Compos disputará o playoff exprés

3 de Xuño de 2020
  • O club agarda por nova documentación para tramitar a inscrición, insistindo no deber de controlar o cumprimento dos protocolos
  • O plantel e o corpo técnico agardan poder someterse aos test este sábado

Santiago de Compostela, a 3 de Xuño de 2020.

A xunta directiva do Compos reuniuse no día de onte cos seus avogados para tomar unha decisión sobre a posibilidade de xogar o playoff. Neste encontro, os letrados informaron ao club da deficiente redacción da documentación remitida pola Real Federación Española de Fútbol, se ben recoñeceron que os problemas eran máis de forma ca de fondo.

A directiva, trala información recibida o día anterior da Real Federación Galega de Fútbol e o informe dos seus xuristas, decidiu tramitar a inscrición no playoff exprés, se ben esgotará os prazos, á espera de que dende Madrid se envíe unha nova documentación que esclareza as dúbidas existentes.

A xunta directiva quere insistir en que se deben pór en marcha mecanismos de control para asegurar o cumprimento dos protocolos, e quere seguir facendo fincapé en que a día de hoxe a saúde é o primeiro, por riba de calquera ambición deportiva. Por iso, o club segue a botar en falla interese por parte dos organizadores da competición en que a seguridade sanitaria de todos os implicados estea asegurada.

Por outra banda, a SD Compostela aprobou tamén nesta reunión os protocolos que deberán cumprir todos os seus empregados dende o próximo día 8, data sinalada para o inicio dos adestramentos. Asemade, xa se remitiron ditos protocolos tanto ao Consello Superior de Deportes coma ao Concello de Santiago, titular das instalacións.

Antes dese día 8, todos os integrantes do plantel, corpo técnico, encargados do material e corpo médico serán sometidos aos test este sábado 6 de xuño, como paso previo ao inicio do novo camiño á Segunda B que todos agardamos ter rematado o vindeiro 25 de xullo, festividade do Apóstolo.

Por último, na xuntanza tratouse a posibilidade de que a afección poida asistir ao playoff exprés. A xunta directiva apoia esta opción, sempre que as autoridades sanitarias o permitan, e comparte a idea de que o fútbol sen seareiros non é fútbol real.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.