“Ter a oportunidade de adestrar co Compos supón unha gran melloría a nivel futbolístico”

24 de Xuño de 2020
Christian Fernández Adestramento 1
Christian Fernández, á esquerda, durante un adestramento de preparación do playoff.
  • Christian, tras dous ascensos consecutivos na base, agarda lograr un terceiro co primeiro equipo

Santiago de Compostela, a 24 de Xuño de 2020.

No seu primeiro ano na categoría, Christian Fernández acadou o ascenso co Xuvenil A e sendo un dos máximos goleadores da Liga. Agora, o dianteiro, que leva adestrando todo o ano co primeiro equipo, agarda que a SD Compostela consiga gañar este playoff exprés. A nivel persoal, o poder participar, será unha oportunidade única e xéralle moita ilusión.

En primeiro lugar, como levas a volta aos adestramentos logo de varios meses parado?

Pois a verdade é que bastante ben, pensei que sería peor despois de tantos meses parado. O obxectivo agora é coller un bo ritmo o máis rápido posible.

Sendo xuvenil de primeiro ano e participando toda a tempada nos adestramentos do primeiro equipo, que supón para ti a posibilidade de estar presente nesta fase decisiva da tempada?

Persoalmente, suponme moita alegría e ilusión. Teño que dar as grazas ao corpo técnico porque sigan crendo en min e agradecerlles que queiran contar comigo nesta fase tan importante da tempada para seguir axudándolles.

Que che pide o corpo técnico?

A pesar de que nunca mantiven unha conversación con eles sobre iso, soamente polo que falei con Castiñeiras antes de ir adestrar con eles, que traballe, que me esforce e que o faga o mellor posible.

Consideras que ter a posibilidade de adestrar tódalas semanas co primeiro equipo che axuda a mellorar como futbolista?

Claro que si. Ter a oportunidade de adestrar cun equipo como é a SD Compostela, que loita polo ascenso a Segunda B cada ano, supón unha gran melloría a nivel futbolístico, xa que estás rodeado de xente que te apoia e que che intenta axudar a mellorar cada día.

En que xogadores do Compos intentas fixarte?

Pois, persoalmente, fíxome en todos os xogadores do plantel, porque de todos podes aprender cousas que che van a servir a ti para o futuro e para seguir crecendo como futbolista. A verdade é que intento fixarme algo máis nos xogadores de ataque, que é a posición onde xogo habitualmente.

Falando da túa posición, que destacarías de Primo e Brais Abelenda como dianteiros? Soñas con compartir terreo de xogo con eles para loitar polo ascenso?

Primo e Brais creo que son moi bos xogadores e os dous teñen moito gol. A verdade é que intento fixarme en todo o que fan no terreo de xogo, tanto ofensivamente como defensivamente, para seguir aprendendo e mellorando como futbolista.

Sería unha oportunidade única poder compartir terreo de xogo tanto con eles como co resto de compañeiros. Oxalá se poida dar esa oportunidade.

Cres que veremos ao Compos o ano que vén en Segunda B?

É unha forma de ascenso distinta debido á covid-19, a partido único e contra bos rivais, pero si que espero que se poida lograr ese ascenso que levan moitos anos loitando.

Logo de acadar o ascenso co Cadete A, no teu primeiro ano na categoría, tamén o acadas co Xuvenil A. Pódese dicir que tes duende para os ascensos?

Foron dous anos moi bos, nos que logrei dous ascensos consecutivos e oxalá se poida dicir que teña ese duende para os ascensos se así a SD Compostela o logra tamén este ano.

De cara a vindeira tempada, contas de ser a referencia en ataque do Xuvenil de Liga Nacional?

Está claro que van chegar bos xogadores ao equipo para intentar facer un bo ano. Aínda así, agardo ser a referencia en ataque do Xuvenil A e intentar axudar ao equipo o máximo posible en todo o que poida.

Flickr

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Youtube

Instagram Compos

Facebook

31 minutes ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐏𝐀 𝐑𝐅𝐄𝐅🏆 1/16 de Final⚽️ O C.F. Vimenor será o noso rival na primeira rolda do torneo🗓️ O partido disputarase o 25 de setembro en La Vidriera (Cantabria)#CopaRFEF ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 hours ago

SD Compostela
𝐑𝐝𝐏🎥 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧 𝐏𝐞𝐫𝐦𝐮𝐲 | 𝐋𝐚𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐚 🗣️ Previa do derbi contra o Real Club Deportivo de La Coruña Fabril⚽️ Antón Permuy e Landeira analizaron o encontro de mañá en Riazor, destacando a necesidade de mellorar para conseguir a vitoria#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🚨⌚️ CONFIRMADO o horario para a noso próximo partido na casa 🩵🤍X4 🆚 Unión Popular de Langreo 🗓️ Domingo 22 de setembro🕖 12.00 horas 🎟️ Entradas en sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🔁 Patrocina TEN - Tratamientos Ecológicos del Noroeste #ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄𝐃𝐈𝐂𝐎Diego foi intervido onte de forma satisfactoria do seu xeonllo polo Dr Adrián Gallego Goyanes - Traumatología Deportiva y Cirugía Ortopédica👨‍⚕️Realizóuselle unha artroscopia por unha rotura de menisco externo🤝 Dende o club agradecémoslle ao doutor a rapidez para realizar a operación en menos de 24 horas!👉 A baixa estimada de 𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 é de 8 semanas💪 Moito ánimo! Estamos seguros de que volverás máis forte!Xa queda un día menos para volver desfrutar do teu fútbol sobre o verde 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
PARTE MÉDICO👉 𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨Tras resonancia detectóuselle unha rotura no menisco externo que require tratamento cirúrxico. Será intervido á maior brevedade posible.Tempo de baixa: 8 semanas👉 𝐌𝐚𝐧𝐮 𝐁𝐚𝐫𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨Distensión de Grado I no semitendinoso da perna dereita.Tempo de baixa: 10 díasPola súa banda, a posible lesión de 𝐆𝐢𝐮𝐥𝐢𝐚𝐧𝐨 quedou nun susto. O atacante do Compos está recuperado e dispoñible para o corpo técnico ⚽️ Hoxe adestrará xa co grupo📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.