“Intento aprender de todos porque quero ser un xogador completo”

23 de Xuño de 2020
Manu Rivas Adestramento 1
Manu Rivas, xunto ao capitán Álvaro Casas, nun adestramento de preparación do playoff.
  • Manu Rivas considera que lograr o ascenso co Compos sería a guinda a unha tempada case perfecta

Santiago de Compostela, a 22 de Junio de 2020.

Con só 17 anos recentemente cumpridos, e na súa primeira tempada como xogador da SD Compostela, Manu Rivas xa pode dicir que acadou un ascenso á Liga Nacional, que debutou co Filial, que adestrou todo o ano co primeiro equipo e que mesmo entrou na última convocatoria. Por todo isto, o canteirán branquiazul, que pode xogar como extremo ou mediapunta, considera que lograr o ascenso no playoff sería a guinda a un curso case perfecto. Con todo, non se confía e quere seguir aprendendo de tódolos compañeiros para mellorar como futbolista e ter a oportunidade de participar en Balaídos.

En primeiro lugar, como levas a volta aos adestramentos despois de tantos meses parado?

Os adestramentos son duros, pero cos plans que nos mandaron durante o confinamento lévase moito mellor, xa que temos un adestramento previo. Aínda así, o contacto coa pelota custou un pouco. No meu caso, trato de dar o cen por cen e seguir aprendendo dos xogadores do primeiro equipo tódolos días.

Que supón para ti a oportunidade de adestrar co primeiro equipo na preparación do playoff?

É unha honra que conten comigo para os adestramentos. Polo de agora non penso no playoff, xa que quedan moitos adestramentos aínda e terei que dar o máximo para ver se teño algunha posibilidade, pero só o feito de que confíen en ti para adestrar xa é todo un honor, porque hai moitos máis xogadores nos xuvenís. Intentarei demostrar que non se equivocan coa miña elección.

Que che pide Yago nos adestramentos?

Por agora non teño un lugar no equipo, voume adaptando ás necesidades de cada situación. O único obxectivo que teño é esforzarme ao máximo e facer o que me manda Yago e o corpo técnico.

Notas que esta experiencia que estás acumulando che axudará a crecer como futbolista?

Por suposto, tódolos días traballan moi duro, o que me obriga a dar todo o que teño, ademais de aprender de moitas situacións que se dan nos adestramentos para despois utilizar nos partidos ou na seguinte tempada. En resumo, tódolos días aprendes algo novo que che permite axudar ao equipo.

Logo de entrar na convocatoria do último encontro de liga, soñas co debut co primeiro equipo en Balaídos?

Claro que me gustaría debutar, pero antes do persoal prefiro o grupal. Prefiro que o equipo gañe o playoff e non debutar, a debutar e non conseguir ascender.

Cres que se acadará o ascenso nese playoff exprés? Como ves ao equipo?

Eu creo que o equipo merece subir. Son varios anos pelexando por este obxectivo e o equipo ten nivel de sobra para acadar este ascenso. Con todo, o fútbol é imprevisible e nunca sabes o que vai pasar, ademais de que os rivais tamén teñen nivel, por algo están no playoff. Hai que dar todo o que temos e agardar que a sorte tamén axude un pouco.

A nivel persoal, en que xogadores do primeiro equipo te fixas para mellorar?

Pois eu non me fixo só en un par deles, intento aprender de todos, porque todos son moi bos. Intento aprender de todos tamén porque quero ser un xogador completo e para iso teño que saber como facer tódalas cousas. Por iso, todos teñen algo do que podo aprender para intentar mellorar.

No teu primeiro ano no Compos e tamén na categoría xuvenil, acadas o ascenso á Liga Nacional (anotando dez goles), debutas co Filial e adestras co primeiro equipo, pódese pedir máis?

A verdade é que foi unha tempada moi completa. É certo que houbo algún altibaixo, pero creo que conseguir gañar o playoff sería a guinda do pastel a unha tempada case perfecta a nivel persoal.

Cales cres que foron as claves para acadar ese ascenso?

O nivel do equipo foi moi alto en todo momento. Gran parte do mérito é do adestrador Gonzalo e do preparador físico Borja, xa que creo que usaron os puntos fortes do equipo moi ben e fixeron, con traballo duro, que os puntos débiles non se visen moito. Ademais, o grupo sempre estivo moi unido e segue habendo moi boa relación.

De cara a vindeira tempada, tes gañas xa de competir en Liga Nacional?

Por suposto. Esta tempada vai traer novos desafíos e estou esperando para ver se podemos con eles.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.