“Ao adestrar co primeiro equipo notas que hai que esforzarse moito para chegar a onde están”

27 de Xuño de 2020
Yosi Adestramento 1
Yosi, nun adestramento de preparación do playoff exprés.
  • Yosi Montoto, do Xuvenil, considera que é unha gran oportunidade e que lle axuda moito a aprender sobre a súa posición
  • lateral branquiazul recalca que o equipo merece ascender á Segunda B

Santiago de Compostela, a 27 de Xuño de 2020.

Logo de realizar unha gran tempada no Xuvenil, co que acadou o ascenso á Liga Nacional, Yosi Montoto recibiu a oportunidade de participar na preparación do playoff exprés co primeiro equipo. Agradecido ao corpo técnico pola súa confianza, o lateral branquiazul considera que estes adestramentos lle están axudando moito para aprender da súa posición e tamén para valorar o esforzo que supón xogar a este nivel. Por iso, ten claro que o equipo merece ascender á Segunda B.

En primeiro lugar, como levas a volta aos adestramentos logo de varios meses parado?

Pois foi moito tempo, pero os exercicios de forza e de resistencia que nos mandaban axudaron moito á hora de volver aos adestramentos.

Que supón para ti a posibilidade de estar presente nesta fase decisiva da tempada co primeiro equipo?

Esta gran posibilidade suponme unha motivación extra á hora de adestrar. Estou moi agradecido coa confianza de Yago Iglesias e do corpo técnico.

Que che pediu Yago Iglesias cando te convocou?

O único que nos pediu foi moito esforzo e dedicación á hora dos adestramentos.

Como o definirías como adestrador?

Considero que é un adestrador moi preparado e cun proxecto moi claro. Espero que este ano consiga o último paso.

Nótase o cambio de nivel nos adestramentos?

Grazas a adestrar con eles dáste conta que están a outro ritmo e de que hai moito que esforzarse para poder chegar a onde están.

En que xogadores intentas fixarte?

Fíxome en todos, porque sempre aprendes algo novo. Con todo, nos que máis me fixo son nos que xogan na miña posición, é dicir, Saro e Sergio Pereira.

Logo de xa facelo nalgúns amigables, soñas con poder debutar co primeiro equipo?

Si, sería unha gran oportunidade debutar, pero aínda queda moito que traballar para poder estar ao seu nivel.

Cres que o Compos acadará o ascenso no playoff exprés?

Si, tanto os xogadores como o corpo técnico merécense estar para o ano desfrutando da Segunda B, despois de dous anos gañando a liga.

A nivel da canteira, nesta segunda tempada no equipo acadastes o ascenso á Liga Nacional. Cales cres que foron as claves para logralo?

Sempre tivemos unha gran relación entre os xogadores e os adestradores, gracias a iso, e ao traballo individual, conseguimos levar arriba ao equipo.

Ademais, tamén debutaches co Filial. Como valoras esta tempada a nivel persoal?

A nivel persoal, creo que foi unha boa tempada, pero tamén creo que aínda me queda moito que aprender como lateral.

De cara á próxima, tes gañas de debutar en Liga Nacional?

Si, teño moitas gañas de debutar e de ver tanto o noso plantel como o nivel da liga.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.