“Esta experiencia aportarame moito para o futuro”

29 de Xuño de 2020
Diego López Adestramento 1
Diego López, con David Soto ao fondo, durante un adestramento de preparación do playoff.
  • Diego López, do Xuvenil, valora a oportunidade de participar co primeiro equipo e soña con axudar para lograr o ascenso

Santiago de Compostela, a 29 de Xuño de 2020.

No seu segundo ano co equipo, Diego López acadou o ascenso á Liga Nacional co Xuvenil A da SD Compostela. Froito da súa gran campaña, o xogador de Pontecesures recibiu a chamada do primeiro equipo para participar na preparación do playoff exprés, unha experiencia que valora moi positivamente e que considera “que lle axudará moito no futuro”. Con esa sensación de orgullo, agora soña con axudar ao club a lograr o ascenso.

En primeiro lugar, como levas a volta aos adestramentos despois de tantos meses parado?

A volta aos adestramentos lévoa dunha maneira bastante boa, porque durante o confinamento realicei diverso exercicio físico para non perder a forma. Despois, cando recibín a chamada do primeiro equipo, xa comecei dunha maneira máis seria a prepararme para chegar da mellor maneira.

Que supón para ti a oportunidade de adestrar co primeiro equipo na preparación do playoff?

Para min supón unha gran oportunidade para mellorar e acadar experiencia de cara ao futuro, tanto futbolisticamente como persoalmente, xa que hai moi bo grupo.

Que sentiches cando te convocaron?

Cando recibín a chamada para ir co primeiro equipo non o pensei dúas veces, porque é unha gran experiencia e un orgullo que se fixara en min para axudar ao equipo.

Que destacarías de Yago Iglesias como adestrador?

Principalmente, destacaría a maneira na que fai funcionar e xogar ao equipo cun fútbol combinativo. Tamén a súa maneira de preparar os adestramentos, a forma de ler os partidos… pero, sobre todo, que é un gran motivador no vestiario.

Como canteirán do club, soñas co debut co primeiro equipo en Balaídos?

Que canteirán non desexa un debut así? Creo que é o soño de calquera xogador, tanto polo momento no que se pode producir, como polo escenario.

Cres que se acadará o ascenso nese playoff exprés?

O equipo traballou moi ben durante todo o ano, pero tamén se está vendo nestas últimas semanas. Xa se leva merecendo acadar o ansiado ascenso anos atrás e seguro que este ano o conseguimos. 

A nivel persoal, en que xogadores do primeiro equipo te fixas para mellorar?

Fíxome en todos porque son futbolistas dos que sempre aprendes detalles, pero se tivera que quedarme con algún, en concreto, pois sería con Samu ou con Pablo Antas, porque son xogadores que desempeñan un rol similar ao meu.

Cres que ter esta posibilidade che axudará a crecer como futbolista?

Todas as oportunidades son boas para acadar experiencia e, sen dúbida, estou seguro de que esta aportarame moito para o futuro.

Logo de dous anos no Xuvenil A, nesta última tempada acadades o ascenso. Cales cres que foron as claves para logralo?

As claves para lograr este ascenso foron a gran unidade do vestiario, a maneira de traballar durante todo o ano e que tiñamos un gran plantel, con bos xogadores.

De cara a vindeira tempada, e logo desta experiencia, seguirás no Compos de Liga Nacional?

É unha gran pregunta. Gustaríame continuar con este equipo, e máis nunha categoría como a que se vai disputar, pero teño que compaxinar ben os horarios, xa que continuo estudando e ocuparíame unha gran parte do tempo.

Que obxectivos te marcas para o que será o teu último ano na categoría?

Deportivamente, pois intentar acadar unha boa posición nunha liga tan esixente como é Nacional, e cun equipo enchufado desde o principio da tempada. Persoalmente, acabar de formarme como futbolista e que o míster do primeiro equipo siga fixándose en min para seguir progresando.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.