Escola de Fútbol San Lázaro, un filial para SD Compostela e Victoria FC

30 de Xuño de 2020
Firma Compos y Victoria 1 1
Momento da firma con ambos presidentes: Antonio Martínez (esq.) e Antonio Quinteiro, o ano pasado.
  • Nace froito do convenio entre ambos os clubs e será para xuvenís e sénior

Santiago de Compostela, a 30 de Xuño de 2020.

Froito do convenio asinado entre a Sociedade Deportiva Compostela e o Victoria Fútbol Club, xurdirá esta próxima tempada a Escola de Fútbol San Lázaro, un equipo filial para as categorías xuvenil e sénior no que se busca un beneficio común para ambas entidades.

Deste xeito, a Escola San Lázaro partirá na Segunda Autonómica de Xuvenís, servindo de base para os conxuntos branquiazuis de Liga Nacional e Primeira Autonómica. Os xogadores da Escola poderán actuar tamén cos de superior categoría da SD Compostela, permitindo que moitos canteiráns do Victoria poidan participar cos equipos branquiazuis. Este club tamén acollerá a moitos xogadores que terminan a súa etapa cadete. 

Estes tres conxuntos, nos adestramentos, traballarán xuntos, con sesións nas que se aproveitarán da valía dos adestradores que teñen na base ambos clubs composteláns.

Por outra banda, en categoría sénior, o Escola de Fútbol San Lázaro fará de filial do Zona Vella SD Compostela B, polo que os seus xogadores terán posibilidades de adestrar ou xogar co segundo equipo da SD Compostela. Este conxunto arrincará na Terceira Autonómica.

Con este convenio dáse un paso máis na vinculación entre Compos e Victoria, cunha iniciativa que pretende redundar no crecemento deportivo da canteira na área de Santiago. Será o primeiro paso dun proxecto que pretende ir sumando todos os rangos de idade. A maiores, ás actividades en común, sumarase tamén unha metodoloxía para a formación das categorías de fútbol 8 e infantís.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.