“Considero esta oportunidade como un premio de final de tempada”

2 de Xullo de 2020
Antón Olveira Adestramento Compos 1
Antón Olveira durante un adestramento co primeiro equipo de preparación do playoff.
  • Antón Olveira, do Filial, asegura estar aprendendo moito a nivel técnico e táctico con estes adestramentos

Santiago de Compostela, a 2 de Xullo de 2020.

No seu primeiro ano na SD Compostela, e tamén como sénior, Antón Olveira recibiu a oportunidade de axudar ao primeiro equipo na preparación do playoff exprés. O canteirán branquiazul considéraa como un premio de final de tempada, grazas ao cal está aprendendo moito, tanto a nivel técnico como táctico. O dianteiro, que xa adestrou ao longo de toda a tempada ás ordes de Yago Iglesias, ve tamén ao equipo preparado para acadar o ascenso.

En primeiro lugar, como levas a volta aos adestramentos despois de tantos meses parado?

Pois foi unha gran sorpresa cando Fiz, o meu adestrador do Compostela B, se puxo en contacto comigo para preguntarme si estaría dispoñible nesta nova “pretempada”, co propósito de incorporarme ao grupo e preparar o playoff co primeiro equipo. Dende ese mesmo día que aceptei a proposta, collino con moitísima ilusión. Primeiro, cos adestramentos na casa a través de Zoom, e xa dende fai un par de semanas, no propio campo de xogo. Fisicamente, estouno levando bastante ben e cada día estamos incrementando o nivel de esixencia e esforzo individual e colectivo. Esperamos chegar ao 100% para o vindeiro partido do 18 de xullo, en Balaídos, ante o Barco.

Que supón para ti a oportunidade de adestrar co primeiro equipo para preparar o playoff?

Considéroo coma un premio de final de tempada. Ademais, esta situación permíteme mellorar coma xogador ao traballar con compañeiros de categorías superiores.

Que che comentou Yago cando te convocou para os adestramentos?

Dende o primeiro momento en que Yago soubo que podía contar comigo, tratoume coma se fose un máis do primeiro equipo. A partir dese día, a diario, esíxeme, corríxeme, pero sobre todo, aconséllame para que a miña aportación ao grupo de xogadores sexa a óptima.

Soñas co debut en Balaídos?

Oxalá, aínda que considero que é moi complicado, tendo en conta o nivel dos xogadores que me rodean e que foron eles os que conseguiron o campionato e clasificarse para este playoff exprés.

Cres que o Compos acadará o ascenso neste playoff exprés?

Estou seguro, xa que o compromiso, tanto dentro como fóra do vestiario, é moi alto.

A nivel persoal, en que xogadores do primeiro equipo te fixas para mellorar?

Dada a miña posición no campo, de dianteiro ou extremo, fíxome principalmente en xogadores coma Brais Abelenda, Miki ou Primo, que adoitan ocupar esas posicións.

Consideras que a posibilidade de adestrar con eles che axuda a mellorar como futbolista?

Totalmente. Nestas categorías, os niveis de intensidade e técnica son superiores aos dun equipo de Segunda Rexional. Isto fai que o meu xogo mellore nestes aspectos, sen esquecer outros coma a visión de xogo, a táctica ou o posicionamento…

O teu primeiro ano no club está cumprindo as túas expectativas?

Por suposto. Ao longo desta tempada, a pesar de ser o meu primeiro ano en categoría sénior, tiven a oportunidade de poder dispoñer de moitos minutos de xogo no campo. Fun titular en máis da metade dos partidos e estiven adestrando case tódalas semanas, algún día, co primeiro equipo. Creo que as miñas expectativas como xogador se viron cumpridas neste tempo. Aínda así, un dos puntos a mellorar de cara a o ano que vén é o número de goles, para poder axudar aínda máis ao equipo.

Que crees que lle faltou ao filial para acadar o ascenso?

Aínda que na clasificación aparezamos como sextos, antes do parón pola covid-19 estabamos a tan só  catro puntos do playoff de ascenso e a cinco do segundo posto. Dos últimos cinco partidos, catro foron empates e tan só nun acadamos a vitoria. Isto dinos que todo estaba moi igualado e que detalles como a experiencia nas segundas partes, campos ou equipos descoñecidos, o estar no primeiro ano de sénior ou mesmo que eramos un equipo onde o 90% do plantel xogabamos xuntos por primeira vez, ao final, penalizounos. A pesares de todo, se o campionato continuase da maneira habitual, estou seguro que, cando menos, houbésemos acadado os postos de playoff de ascenso.

Será posible acadalo o próximo ano? Cales poden ser as claves para que sexa posible?

Ese é o obxectivo principal. As claves serán conseguir manter a estrutura do equipo coa renovación dunha parte importante do plantel actual e seguir coa metodoloxía de traballo e o estilo de xogo. A experiencia deste ano ten que servirnos para gañar eses puntos que este ano perdemos nos últimos minutos, e que as novas fichaxes nos aporten un plus.

Como compaxinas os estudos e o fútbol, onde ademais de xogar tamén adestras?

Non é sinxelo, pero pódese facer. As clases sempre son en horario de mañá, polo que remato ás tres da tarde. Despois, cos prebenxamíns adestrábamos os luns e mércores das 18.30 ás 19.50, mentres que cos biberóns era unha hora os martes. O resto das horas do día, e da semana, repartíaas entre os meus adestramentos, partidos e estudos. Trátase de aproveitar cada minuto que che queda libre. E aínda así, sempre sobra algún momento libre para facer vida social! (Risas).

Que valores intentas transmitir aos nenos e nenas que adestras?

Ao adestrar rapaces de entre 4 e 7 anos, o que intento é que entendan este deporte coma un xogo colectivo, feito para divertirse, no que se debe primar o compañeirismo. E que valores como o traballo, a constancia ou o compromiso teñen o seu premio.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.