Apelación ao civismo para seguir o Playoff Exprés

17 de Xullo de 2020
  • Queremos sentir o voso apoio a través das redes sociais desde unha contorna segura
  • Todos debemos respectar as medidas de seguridade decretadas polas autoridades

Santiago de Compostela, a 17 de Xullo de 2020.

Xa está aquí. Por fin chegou a data que todos levamos agardando desde hai meses: mañá enfrontarémonos ao CD Barco por unha praza na final para o ascenso. Con todo, non podemos esquecer de onde vimos. Aínda que aos poucos imos recuperando a actividade nesta “nova normalidade”, debemos ser moi coidadosos para evitar calquera rebrote.

Por todo iso, a SD Compostela apela ao civismo para seguir este desexado Playoff Exprés. Xa que o encontro se disputará a porta pechada, queremos sentir o voso apoio a través das redes sociais. Un agarimo que queremos que chegue desde unha contorna segura, no que se cumpran todas as medidas de seguridade, polo que debería evitarse a viaxe a Vigo.

Así, evite ao máximo as aglomeracións, respecte o distanciamento social e non se esqueza de usar a máscara (do Compostela!).

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 week ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.