Pablo Antas, o autor do gol do ascenso, renova o seu compromiso por dous anos

6 de Agosto de 2020
Renovación Pablo Antas 1
  • O mediocentro de Monterroso, ademais, adestrará ao Xuvenil B e tamén se encargará de levar a metodoloxía do fútbol 8 do Compos

Santiago de Compostela, a X de Agosto de 2020.

O autor do gol do ascenso, Pablo Antas Pereiro, seguirá coa SD Compostela en Segunda División B. Despois de ser o protagonista do tanto que anhelaban todos os compostelanistas, o mediocentro de Monterroso comprometeuse coa entidade branquiazul para o seu regreso á división de bronce do fútbol nacional, ampliando o seu contrato para as dúas próximas campañas.

Deste xeito, aos seus vinte e nove anos, cumprirá o seu sétimo curso en Segunda B, unha categoría que coñece moi ben, debido a que acumula nela 129 encontros. Esta experiencia co fútbol semiprofesional comezou para Pablo no Club Deportivo Lugo, con dous anos nos que mesmo logrou un título ligueiro. Posteriormente, disputaría tres campañas máis na UD Somozas, acompañado na medular, precisamente, por Roberto Baleato. E, por último, xogaría no Rápido de Bouzas, xusto antes de recalar en terras compostelás.

O Compos asegúrase a continuidade dun dos xogadores máis utilizados por Yago Iglesias no centro do campo, un futbolista cheo de calidade e visión de xogo. Así, no seu primeiro curso como branquiazul, disputou vinte e seis encontros, entre Liga e Playoff, logrando tres tantos, entre eles, o decisivo na gran final do Playoff.

Do mesmo xeito, dentro do seu compromiso co club, Pablo Antas adestrará ao equipo Xuvenil B da base compostelá, conxunto de Primeira Autonómica que soña co ascenso á Liga Galega. E non só iso, senón que tamén se encargará de toda a metodoloxía do Fútbol-8 da canteira do Compos.

Tras estampar a firma no seu contrato, a SD Compostela 20/21 conta xa con sete xogadores nas súas filas para o regreso á Segunda B: Pato Guillén, Borja Rey, Álvaro Casas, Samu, Baleato, Pablo Antas, Gabri Palmás e Brais Abelenda.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.