Yago Iglesias seguirá encabezando o proxecto branquiazul en Segunda B

5 de Agosto de 2020
Renovación Corpo Técnico 2021 1
  • O técnico renova por un ano, polo que cumprirá a súa quinta tempada dirixindo á SD Compostela
  • Acompañarano novamente, Rodri Veiga, segundo adestrador, e Álex Otero, preparador físico

Santiago de Compostela, a 5 de Agosto de 2020.

Cando Yago Iglesias chegou á capital galega fai catro veráns facíao coa premisa de devolver ao Compos á división de bronce do fútbol nacional nun futuro a medio-longo prazo, ademais, co obxectivo de sentar as bases dun equipo recoñecible, que apostase polo bo xogo e con xente nova, con proxección e ligada a Santiago. Unha vez o conseguiu, sen perder nada desa aposta inicial, gañouse o dereito a gozar da nova categoría.

A SD Compostela asegúrase, deste xeito, a continuidade dun adestrador que deixou pegada na cidade e no club. A súa aposta por someter ao rival co balón foi encomiada en incontables ocasións por compañeiros de profesión, xogadores e rivais, e non só iso, senón que levou á entidade compostelanista a alcanzar títulos e récords históricos.

Con Yago Iglesias no banco, o Compos logrou un ascenso, dous títulos de Liga, tres  playoffs de ascenso consecutivos, unha Copa Deputación, unha fase autonómica da Copa Federación e superou unha rolda da Copa do Rey. A maiores, alcanzou a marca histórica de puntos nunha categoría nacional (86), igualou o récord de partidos seguidos gañados (10), igualou tamén o de vitorias seguidas na casa nunha mesma campaña (13) e superouse o número de minutos seguidos sen encaixar gol (798).

En total, leva xa 141 encontros de Liga dirixindo á SD Compostela, aos que suma dez de playoff e outros dous de Copa do Rey. De todos eles, 87 acabaron en vitoria branquiazul, polo que ten unha porcentaxe de éxito de case o sesenta por cento en competicións oficiais. Por iso, case tres de cada cinco encontros do Compos dirixidos por Yago Iglesias acabaron en triunfo.

Todos estes datos e as sensacións que deixaron os branquiazuis sobre os terreos de xogo nestes catro anos constatan a importancia que tivo o adestrador compostelanista nos éxitos da SD Compostela. Por este motivo, o club considera que é a persoa máis e mellor preparada para dirixir o regreso da entidade á Segunda División B.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.