Gabri Palmás seguirá vestido de branquiazul

5 de Agosto de 2020
Renovación Gabri Palmás 1
  • O atacante de Moaña, de 21 anos, debutará en Segunda B tras renovar por un ano

Santiago de Compostela, a 5 de Agosto de 2020.

Da man da SD Compostela, Gabri Palmás debutará esta tempada na Segunda B. O atacante de Moaña, de 21 anos, estrearase na categoría de bronce tras renovar o seu contrato por unha campaña. Logo de lograr o ascenso no seu primeiro curso no club, buscará seguir aumentando o seu rendemento nun nivel superior.

A pesar da súa mocidade, Gabri demostrou moito descaro na súa estrea como branquiazul. Actuando desde calquera das dúas bandas, ou como dianteiro, participou en 25 encontros de Liga e nos dous do Playoff Exprés, marcando cinco goles, o último deles, precisamente, nas semifinais contra o CD Barco. Ademais, este ano, tamén tivo un papel destacado na Copa Deputación, na que anotou outros cinco tantos.

Tras superar os cen partidos disputados en Terceira División, en tan só tres campañas, agora tentará seguir acumulando experiencias e demostrando as súas capacidades na Segunda B.

Coa súa renovación xa son sete os xogadores que confirmaron a súa presenza na SD Compostela 20/21: Pato Guillén, Borja Rey, Álvaro Casas, Samu, Baleato, Gabri Palmás e Brais Abelenda.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.