Soto continuará na SD Compostela de Segunda B

10 de Agosto de 2020
Renovación David Soto 1
  • O central cumprirá a súa oitava tempada na categoría, despois de renovar o seu contrato por un ano

Santiago de Compostela, a 10 de Agosto de 2020.

David Soto Sánchez seguirá na SD Compostela de Segunda B. O central vigués cumprirá a súa segunda campaña no club e a oitava na división de bronce do fútbol nacional, despois de renovar o seu contrato por unha tempada.

Deste xeito, o Compos 20/21 asegúrase a presenza no centro da zaga dun xogador con ampla experiencia no fútbol semiprofesional, xa que acumula 133 partidos na categoría, en sete anos, entre as súas etapas no RC Celta de Vigo B, UD Almería B, CD Boiro e CCD Cerceda.

Así mesmo, Soto é un futbolista que demostrou o seu gran nivel no seu debut como branquiazul, sendo peza capital nos esquemas defensivos de Yago Iglesias. Acompañando a Álvaro Casas na retagarda, disputou 25 partidos de liga, todos eles como titular, e os dous do playoff exprés, tamén saíndo de inicio. Ademais, demostrando a súa gran saída de balón e a súa capacidade para as arrancadas partindo desde atrás, marcou un gol.

Con esta firma, o club asegúrase a continuidade dos seus centrais para o regreso á Segunda B, unha liña que foi determinante para a solidez defensiva do equipo compostelanista, logrando ser o conxunto menos goleado da categoría e axudando a que Pato alcanzase o récord de minutos seguidos sen encaixar gol.

Coa súa renovación, Yago Iglesias conta xa con doce pezas para o regreso da SD Compostela á Segunda División B: Pato Guillén, Borja Rey, Álvaro Casas, Soto, Samu, Baleato, Pablo Antas, Josiño, Bicho, Juampa, Gabri Palmás e Brais Abelenda.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.