Yago Iglesias: “Será un ano moi bonito para a SD Compostela”

11 de Agosto de 2020
Presentación Yago Iglesias Limpiezas Salgado 2 1
Momento da presentación con Ramón Salgado (esquerda), Yago Iglesias e Antonio Quinteiro.
  • O quinto proxecto do técnico branquiazul foi presentado este mediodía nas instalacións de Limpezas Salgado
  • Antonio Quinteiro encomiou o labor do corpo técnico e animou tamén ás empresas para sumarse ao club

Santiago de Compostela, a 11 de Agosto de 2020.

Este mediodía, as instalacións de Limpezas Salgado serviron como punto de partida para o quinto ano de Yago Iglesias á fronte da SD Compostela. O adestrador compostelanista, acompañado polo presidente Antonio Quinteiro, deu as súas primeiras palabras como técnico de Segunda B, nun acto que tamén serviu para coñecer os detalles do proxecto branquiazul.

“Se cando cheguei me din que ía estar tanto tempo aquí, non mo creo, pero iso fala do proxecto do Compostela. Desde que me sentei con eles, expresáronme a idea dun proxecto a medio-longo prazo, de sentar unhas bases e apostar por unha filosofía clara de contar con xente da casa, para crecer conxuntamente e volver á Segunda B. Unha vez o conseguimos, creo que podemos dicir que non estivemos de paso en Terceira, senón que deixamos pegada, non só no que respecta ao club, senón tamén no futbolístico”, expresou Yago nas súas primeiras declaracións oficiais como adestrador do equipo.

Precisamente, no aspecto da continuidade, Antonio Quinteiro quixo facer fincapé, destacando e agradecendo a decisión tomada polo corpo técnico. “Yago entendeu desde a súa chegada o compromiso do club e sumouse a el, logrando uns resultados moi bos. Por iso, entendemos que a súa continuidade era necesaria, propuxémosllo e a decisión foi estupenda. Ter a Yago dános a tranquilidade de que as cousas se van a facer ben”, comentou o mandatario.

Será un novo reto para o adestrador, unha categoría nova, pero a entidade confía plenamente nas capacidades de Yago. “Atoparase cun novo nivel, pero está perfectamente preparado para iso. Conta con xente á beira con experiencia nestas lides no mundo do fútbol, como Manuel Castiñeiras, Pablo Castro ou Suso Marque e iso é un valor agregado tanto para o club como para Yago. Queremos crecer contigo, tes plena confianza e non temos dúbida do teu compromiso, o teu traballo e a túa dedicación, por iso, dicirlles a todos os afeccionados que confíen na túa profesionalidade, porque iso levaranos ao éxito”, lembrou o presidente. 

Pola súa banda, Yago deixou claro que, pese ao cambio de categoría, non cambiará a idea de xogo. “É un banzo máis, polo que teremos que perfeccionar a nosa idea e ir mellorando, porque os rivais serán máis complicados”, remarcou. Para iso, o técnico conta co bloque da tempada pasada, un grupo que se merece estar en Segunda B. “A idea é a de continuidade, tanto de xogadores como de corpo técnico. Sentimos esta familia e, no que a nós respecta, non nos expuñamos outra opción que non fose continuar aquí”, mencionou.

En canto á confección do plantel, ademais dos renovados coñecidos e da fichaxe de Juampa, Yago Iglesias informou que agora búscase un perfil de xogador novo para reforzar distintas posicións para acabar completando un grupo duns vinte xogadores. Con esa premisa está a traballar Manuel Castiñeiras, mentres esperan noticias sobre o formato de competición ou os rivais que terán ao longo do ano. “Buscamos obxectivos ambiciosos, pero sen perder os pés do chan. Se algo caracteriza a este club é por pisar forte por onde pasa e facer as cousas con sentido. Considero que será un ano moi bonito para a SD Compostela”, concluíu.

Proxecto de cidade

A maiores, Antonio Quinteiro aproveitou a ocasión para agradecer a empresas como Limpezas Salgado o apoio que recibe a entidade branquiazul tempada tras tempada. A pesar dos tempos difíciles que corren, o mandatario animou ás empresas para coñecer o proxecto do Compos, que abran as súas portas ao club porque “as propostas son moi interesantes e accesibles para que todos e cada un participen como poidan”. Por iso, lembrou que na SD Compostela van atopar todo tipo de facilidades.

E en particular, o presidente agradeceu a Ramón Salgado o seu compromiso durante os últimos meses, nos que a súa empresa tivo un papel crucial, levando a cabo a desinfección diaria dos xogadores en cada adestramento de preparación para o playoff exprés. “Estamos moi contentos polos teus esforzos, non só no que respecta ao noso club, senón tamén ao deporte da cidade, así como ás diferentes entidades sociais”, finalizou Antonio Quinteiro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🙌🩵🤍 SODES A NOSA FORZA!!!🏟 Esgotadas as entradas de Tribuna!!!🎫 A partir de agora, só á venta Preferencia!!!📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/👉 Xeral 15€ | Menores de Idade 2€💪 TODOS XUNTOS, A COMEZAR A FINALÍSIMA DA MELLOR MANEIRA#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Semana de adestramentos completada e estamos preparados para a gran cita de mañá🏟 Todo listo para comezar a final na nosa casa da mellor maneira💪🫂 Co voso apoio desde a bancada, imos a polo mellor resultado posible📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
📢📸️SORTEO RETRO👉 Co lanzamento da reedición oficial da nosa camiseta emblemática con Zico, sorteamos 1⃣ entre os que mañá veñades ao campo cunha camiseta antiga do Compos 🩵🤍𝐏𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐫:✅ Trae ao campo a túa camiseta retro do Compos✅ Saca unha foto con ela na bancada e súbea á túa historia de Instagram✅ Menciona a @sdcompostela_oficial 👉 Sortearemos a camiseta entre todos os que subades foto cunha camiseta retro do Compos🗓️ Anunciaremos ao/á gañador/a nas nosas Stories o martes, 16 de xuño* Se tes o perfil privado, envía unha captura a nosa conta co Stories publicado#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 CF Badalona 🩵🤍 Os nosos para o partidazo de mañá na ida da finalísima do play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo #composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso técnico analizou a previa do encontro de ida da finalísima do play off, que se xogará mañá na nosa casa👉 Coa forza de todos, buscaremos o mellor resultado posible para a rolda definitiva#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.