Hugo Sanmartín, de volta en Segunda B

14 de Agosto de 2020
Renovación Hugo Sanmartín 1
  • O atacante branquiazul renovou o seu contrato por unha tempada, polo que regresará a unha categoría que coñece da súa etapa no Coruxo

Santiago de Compostela, a 14 de Agosto de 2020.

Hugo Sanmartín seguirá un ano máis na SD Compostela. O atacante branquiazul, despois de lograr o ascenso na súa primeira campaña no club, prolongou o seu contrato por unha tempada, polo que buscará seguir achegando o seu gran de area na Segunda División B, unha categoría á que volve despois de catro cursos.

No seu debut como xogador compostelanista, Hugo, a pesar da lesión en pretempada, conseguiu facerse un oco nos plans ofensivos de Yago Iglesias, demostrando a súa polivalencia para adaptarse ás diferentes posicións da fronte do ataque. Ademais, deixou moitos escintileos da súa calidade sobre o terreo de xogo e mostrou a súa gran capacidade para o disparo de longa distancia.

En total, disputou 19 partidos de Liga, 13 de titular, e os dous do decisivo playoff exprés, saíndo de inicio tamén na gran final. A pesar da paralización da competición pola pandemia da covid-19, acabou xogando máis de 1.000 minutos e marcando tres tantos, todos eles en tres duras saídas e de forma consecutiva (Ourense, Somozas e Barco).

Con 31 anos, o atacante vigués seguirá contribuíndo ao club coa súa experiencia no mundo do fútbol, e na Segunda B, onde xogou unha tempada nas filas do Coruxo FC. Alí disputou 25 encontros, marcando dous goles. 

Despois da renovación de Hugo, Yago Iglesias dispón xa de dezaseis xogadores para a campaña de regreso á Segunda División B: Pato, Borja Rey, Sergio Pereira, Álvaro Casas, Soto, Joel, Samu, Baleato, Pablo Antas, Bicho, Josiño, Hugo Sanmartín, Juampa, Miki, Gabri Palmás e Brais Abelenda.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 SD Eibar B 👉 Os nosos xa están de camiño para o País Vasco🆕 Estrea convocatoria Rafa de Vicente#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🏅 Moitos parabéns, Alejandra Neira, polo campionato do mundo junior de ciclismo!🌈 Orgullo de Compostela 👏 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 4🩵🤍 O adestrador do Compos analizou as virtudes do rival, apuntou as claves para poder sumar a vitoria en Eibar e tamén fixo unha reflexión sobre o aspecto mental dos futbolistas#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜🎯 #eibarbcompos🗓️ 2 días🙌🧐 Co foco posto nunha nova vitoria📷 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.