Saro renova: repítese a dupla Seoane Mella

16 de Agosto de 2020
Renovación Saro 1
  • O lateral dereito debutará en Segunda B tras ampliar o seu contrato por unha tempada máis

Santiago de Compostela, a 16 de Agosto de 2020.

Haberá dupla Seoane Mella en Segunda B. Do mesmo xeito que o seu irmán Jimmy, Saro renovou o seu contrato coa SD Compostela, no seu caso, por unha tempada máis, polo que debutará na división de bronce do fútbol nacional. Será ademais a súa quinta campaña no club, xa que el e Samu son os dous únicos xogadores que se manteñen desde que se iniciou o novo proxecto branquiazul.

Desde que chegou procedente do Noia, precisamente, da man de Yago Iglesias, Saro converteuse nun fixo nas aliñacións da escuadra branquiazul. Ao longo das catro campañas en Terceira División, o lateral dereito superou amplamente os vinte encontros por ano. Por tanto, foi unha etapa moi prolífica para o futbolista santiagués, logrando éxitos colectivos (un ascenso, dous títulos de liga ou tres playoffs consecutivos) e individuais, adaptándose e mellorando cada día máis na súa posición.

En total, Saro disputou 125 partidos como branquiazul nestes catro cursos, unha cifra que tentará ampliar no fútbol semiprofesional. No último, o do ascenso, disputou 28 encontros, todos menos un de titular, anotando un gol, o da vitoria contra o Lugo B. Ademais, foi partícipe do récord de minutos seguidos sen encaixar gol. 

Agora, terá a oportunidade de demostrar o seu nivel nunha categoría superior, nun club que coñece moi ben e no que se sente como na casa.

Coa súa renovación, o plantel para o regreso á Segunda División B xa ten aseguradas dezaoito pezas: Pato, Borja Rey, Saro, Sergio Pereira, Álvaro Casas, Soto, Jimmy, Joel, Samu, Baleato, Pablo Antas, Bicho, Josiño, Hugo Sanmartín, Juampa, Miki, Gabri Palmás e Brais Abelenda.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🤝 𝐂𝐥𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭 𝐂𝐥𝐮𝐛 𝐒𝐂𝐐 🩵🤍O novo centro de Rúa dos Feáns patrocina o partidazo desta tarde no Vero BoquetePolas súas instalacións pasaron esta semana Damián Noya e David Rosón, coñecendo os seus servizos 😃🙌 Moitas grazas polo voso apoio! 🫂#composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Os tres puntos teñen que quedar na casa!🆚 Alondras C.F. 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Anima aos nosos para recuperar a senda da vitoria! #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Alondras C.F. 🩵🤍 Os nosos para o partido de mañá, ás 18:00 horas, no Vero Boquete👉 Entra Lucas, da Canteira Picheleira #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmado o horario para a xornada intersemanal da próxima semana⚽️ 𝐗𝟐𝟔🆚 UD Barbadás 🗓️ Xoves, 19 de marzo🕠 17:30 horas🏟️ Os CarrísXogaremos o xoves en Barbadás! 🙌#barbadáscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.