A SD Compostela regresa este luns

27 de Agosto de 2020
Portería Cargada Adestramento 1
Os xogadores da SD Compostela cargando unha portería durante os adestramentos de preparación do playoff exprés.
  • O plantel branquiazul comezará os adestramentos en San Lázaro II dividido en dous grupos
  • Yago Iglesias contará cos xogadores do primeiro plantel e sete canteiráns

Santiago de Compostela, a 24 de agosto de 2020.

A SD Compostela 20/21 xa ten data de regreso. O plantel branquiazul regresará aos adestramentos este próximo luns 31 de agosto. Os compostelanistas iniciarán deste xeito, no Campo Anexo San Lázaro II, a súa particular pretempada, a cal comeza nunha época estraña e aínda sen coñecer as datas oficiais do regreso á competición.

Os xogadores branquiazuis están citados para a matinal no Estadio Verónica Boquete para arrincar unha campaña ilusionante, a do regreso á Segunda División B. Esta volta ao traballo levarana a cabo divididos en dous grupos, o primeiro deles ás 10.15 horas e o segundo ás 11.15.

No plantel que inicia este camiño haberá dezaseis caras coñecidas, a dos futbolistas que lograron o ansiado ascenso en Balaídos, así como un corpo técnico que cumprirá a súa quinta campaña á fronte do proxecto. Ademais, tamén estarán presentes as tres caras novas, a expensas de pechar algunha última incorporación, así como sete futbolistas da canteira compostelanista.

Por tanto, saltarán ao céspede como xogadores de Segunda B Pato, Borja Rey, Saro, Sergio Pereira, Álvaro Casas, Soto, Jimmy, Joel, Samu, Baleato, Pablo Antas, Bicho, Josiño, Juampa, Hugo Sanmartín, Miki, Gabri Palmás, Brais Abelenda e Primo.

A eles acompañaranos os sete canteiráns, algún deles presentes tamén na preparación do playoff exprés. Repetirán o porteiro Iker Caballero, o lateral Yosi, o interior Manu Rivas e o dianteiro Christian, mentres que debutarán o mediapunta Remuiñán, quen xa adestrou ás ordes de Yago Iglesias ao longo da pasada campaña, e os recentemente fichados Roque e Axel Sánchez.

Comezará así unha tempada moi ilusionante na que os branquiazuis esperan darlle moitas alegrías á afección, logrando realizar unha boa campaña nunha nova categoría, a Segunda B.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Mateo Arellano, poderío e experiencia para a medular do Compos🤝 O mediocentro avilesino vén de realizar unha gran campaña na 2ª RFEF e firma por unha tempada𝐌𝐚𝐭𝐞𝐨 𝐀𝐫𝐞𝐥𝐥𝐚𝐧𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/14/mateo-arellano-fichaxe-compos-25-26/#benvidomateo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎟️🩵🤍 🙌 2ª FASE da Campaña de Abonos🔁 Nova semana exclusiva para RENOVACIÓNS!🏟️ Xa están liberados os asentos de Tribuna!👉 Tanto para abonados de Preferencia como para cambios en TribunaABÓNATE! Na Oficina, Tenda ou Web!📲 sdcompostela.compralaentrada.com+ℹ️ sdcompostela.com/gl/2025/07/07/100-picheleiro-abonos-compos/#100x100picheleiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Aarón Martínez, xuventude e talento para o carril esquerdo 🤝 O lateral de 19 anos, na súa primeira experiencia como senior, buscará o ascenso co Compos 𝐀𝐚𝐫𝐨𝐧 𝐌𝐚𝐫𝐭𝐢𝐧𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/11/aaron-martinez-fichaxe-compos/#benvidoaarón ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🎟️🩵🤍🗓️ RECORDAMOS os prazos e prezos da Campaña de AbonosAta o 13 👉 Renovación de asentos en TribunaDo 14 ao 20 👉 Liberación de asentos e renovaciónsA partir do 21 👉 Novas Altas e renovacións📲 sdcompostela.compralaentrada.comABÓNATE! Na Oficina, Tenda ou Web 🙌+ℹ️ 👉 sdcompostela.com/gl/2025/07/07/100-picheleiro-abonos-compos/#100x100picheleiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Jorge Valín, potencia e proxección ofensiva para a defensa do Compos🤝 O lateral dereito regresa a Galicia para buscar o ascenso coa SD Compostela𝐉𝐨𝐫𝐠𝐞 𝐕𝐚𝐥𝐢𝐧 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/10/valin-fichaxe-sd-compostela/#benvidovalín ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.