Juampa: “Veño porque é unha oportunidade deportiva única”

26 de Agosto de 2020
Presentación Juampa 1 1
Juampa (centro), acompañado de Manuel Castiñeiras e Juan Carlos Barros, pai do futbolista e xerente do Café-Bar París.
  • O novo xogador branquiazul foi presentado este mediodía no Café-Bar París, novo patrocinador do club

Santiago de Compostela, a 26 de Agosto de 2020.

Juan Pablo Barros Campos xa está en Santiago. O xogador zurdo foi presentado esta mañá como novo xogador da SD Compostela nas instalacións do Café-Bar París, novo patrocinador oficial do club na tempada de regreso á Segunda División B. Nas súas primeiras declaracións como compostelanista, Juampa destacou a ilusión que ten por xogar no club da súa cidade e cun proxecto futbolístico tan interesante.

“Estaba contento onde estaba, pero creo que no fútbol hai que aproveitar as oportunidades. Veño porque é unha oportunidade deportiva única, non polo feito de volver a casa. Deportivamente é un club moi bo e que mellor que sexa da cidade onde vivín sempre”, destacou ante os medios de comunicación.

Ademais de reforzarse cun futbolista da casa, o Compos tamén se nutre da experiencia que atesoura Juampa aos seus 26 anos. “Comecei moi novo en Segunda B e por sorte mantívenme aí. Agora, espero poder seguir crecendo”, comentou.

Coa alegría de “vir ao equipo da túa cidade” e coas ganas “de poder estar aquí”, agarda lograr os obxectivos nunha tempada que considera moi ilusionante. “Hai moi bo equipo, moi bos xogadores e creo que en Segunda B moitos deles serán mellores xogadores. Creo que podemos competir e facer un bo ano”, subliñou.

Do mesmo xeito, coa base que mantén o equipo, Juampa considera que os branquiazuis poderán seguir apostando polo xogo que os caracteriza. “A pesar de ser unha categoría máis, cos xogadores e o corpo técnico que temos, poderanse desenvolver os partidos coa mesma idea de xogo”, sinalou.

Por último, a nivel individual, Juampa confesou que antigos compañeiros seus, cos que coincidirá de novo en Santiago, faláronlle marabillas do proxecto e do club. Por iso, tampouco se pecha a ningunha posición no campo, senón que estará ao dispor do que decrete Yago Iglesias. “Adáptome a varios postos, así que o adestrador decidirá onde me irá mellor a min e, sobre todo, ao equipo”, concluíu.

No acto, Juampa estivo acompañado polo seu pai, Juan Carlos Barros, e o director deportivo da SD Compostela, Manuel Castiñeiras.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.