A SD Compostela regresa este luns

27 de Agosto de 2020
Portería Cargada Adestramento 1
Os xogadores da SD Compostela cargando unha portería durante os adestramentos de preparación do playoff exprés.
  • O plantel branquiazul comezará os adestramentos en San Lázaro II dividido en dous grupos
  • Yago Iglesias contará cos xogadores do primeiro plantel e sete canteiráns

Santiago de Compostela, a 24 de agosto de 2020.

A SD Compostela 20/21 xa ten data de regreso. O plantel branquiazul regresará aos adestramentos este próximo luns 31 de agosto. Os compostelanistas iniciarán deste xeito, no Campo Anexo San Lázaro II, a súa particular pretempada, a cal comeza nunha época estraña e aínda sen coñecer as datas oficiais do regreso á competición.

Os xogadores branquiazuis están citados para a matinal no Estadio Verónica Boquete para arrincar unha campaña ilusionante, a do regreso á Segunda División B. Esta volta ao traballo levarana a cabo divididos en dous grupos, o primeiro deles ás 10.15 horas e o segundo ás 11.15.

No plantel que inicia este camiño haberá dezaseis caras coñecidas, a dos futbolistas que lograron o ansiado ascenso en Balaídos, así como un corpo técnico que cumprirá a súa quinta campaña á fronte do proxecto. Ademais, tamén estarán presentes as tres caras novas, a expensas de pechar algunha última incorporación, así como sete futbolistas da canteira compostelanista.

Por tanto, saltarán ao céspede como xogadores de Segunda B Pato, Borja Rey, Saro, Sergio Pereira, Álvaro Casas, Soto, Jimmy, Joel, Samu, Baleato, Pablo Antas, Bicho, Josiño, Juampa, Hugo Sanmartín, Miki, Gabri Palmás, Brais Abelenda e Primo.

A eles acompañaranos os sete canteiráns, algún deles presentes tamén na preparación do playoff exprés. Repetirán o porteiro Iker Caballero, o lateral Yosi, o interior Manu Rivas e o dianteiro Christian, mentres que debutarán o mediapunta Remuiñán, quen xa adestrou ás ordes de Yago Iglesias ao longo da pasada campaña, e os recentemente fichados Roque e Axel Sánchez.

Comezará así unha tempada moi ilusionante na que os branquiazuis esperan darlle moitas alegrías á afección, logrando realizar unha boa campaña nunha nova categoría, a Segunda B.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐒𝐞𝐜𝐡𝐨#ComposValladolidPromesas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.