Cinco sesións para comezar o camiño

29 de Agosto de 2020
  • Os xogadores están citados en dous grupos para o luns, unificándoos a partir do martes

Santiago de Compostela, a 29 de Agosto de 2020.

A volta ao traballo da SD Compostela 20/21 virá marcada por unha primeira semana na que os nosos realizarán cinco sesións. Os dezanove xogadores do primeiro plantel e os sete canteiráns están citados para a matinal do luns, día no que arrincará o camiño dos nosos pola Segunda División B.

O primeiro adestramento terá un matiz especial, posto que o plantel estará dividido en dous grupos. En primeiro lugar, ás 10.00 horas, están citados Borja Rey, Iker Caballero, Saro, Yosi, Sergio Pereira, Samu, Pablo Antas, Manu Rivas, Hugo Sanmartín, Josiño, Óscar Remuiñán, Miki, Gabri Palmás e Primo. Mentres tanto, ás 11.15, os que saltarán ao céspede serán Pato, Roque, Álvaro Casas, Soto, Jimmy, Joel, Baleato, Axel Sánchez, Bicho, Juampa, Brais Abelenda e Christian.

Tras esta primeira toma de contacto, a partir do martes xa estarán todos os futbolistas ao dispor do corpo técnico dirixido por Yago Iglesias. Así, todo o plantel adestrará por primeira vez en conxunto o martes 1 de setembro, nunha sesión que está programada para as 10.00 horas.

O mércores tocará xornada de descanso, para acabar a semana con tres citas: xoves, venres e sábado. Na última delas, a sesión arrincará ás 10.15 horas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 90 minutos por diante para acadar o obxectivo🫂 Este domingo, co voso apoio, desde Badalona, Compostela ou desde as vosas casas, a polo ascenso🆚 CF Badalona ⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 21/06🕧 12:30 horas🏟️ Municipal de Badalona#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos da un importante paso na finalísima, coa axuda de todos, tras gañar 3⃣-0⃣ na casa 💪 Valeron os goles de Valín, Antón Guisande e Charly🔜 Quedan 90 minutos en Badalona para defender a renda 👉 sdcompostela.com/gl/2026/06/14/compos-3-0-badalona-finalisima/📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, hoxe no banco pola sanción a Secho, analizou na sala de prensa o bo resultado, 3⃣-0⃣, na ida desta final nacional polo ascenso#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ CF Badalona⚽️ Valín, Antón Guisande e CharlyQUEDAN 90 MINUTOS!!! 🩵🤍SEGUIMOS PASO A PASO A POLO OBXECTIVO 💪💪GRAZAS A TODOS, UNHA VEZ MÁIS, POR ESTE AMBIENTAZO!!! SEGUIMOS TODOS XUNTOS!!! 🫂📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.