31 de agosto, empezou o camiño da SD Compostela 20/21

31 de Agosto de 2020
Traballo Ximnasio Adestramento Grupo 2 1
O Grupo 2 traballando no ximnasio do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.
  • Os santiagueses volveron ao traballo divididos en dous grupos
  • A sesión dividiuse entre o ximnasio e o campo de xogo de San Lázaro II

Santiago de Compostela, a 31 de agosto de 2020.

A SD Compostela 20/21 emprendeu neste 31 de agosto de 2020 o seu camiño de volta á Segunda División B. Divididos en dous grupos, os branquiazuis volveron ao traballo, despois dun mes de descanso, para preparar o regreso á división de bronce do fútbol nacional.

A actividade arrincou ás 10.00 da mañá, hora á que estaban citados os membros do primeiro grupo. Ambas sesións tiveron unha duración aproximada dunha hora e cuarto, dividíndose o traballo entre o ximnasio e o campo de xogo do San Lázaro II, o cal amenceu parcelado polo corpo técnico.

En ambos casos, os xogadores branquiazuis arrincaron con traballo preventivo e de forza xeral no ximnasio do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Posteriormente, na segunda metade, realizouse traballo de transferencia no campo, para terminar a sesión con rondos, rondos grandes e dúas conservacións.

Do mesmo xeito, a xornada serviu para vivir moitos reencontros despois das vacacións, así como para darlle a benvida aos novos integrantes do plantel branquiazul. Enfundáronse por primeira vez a indumentaria de adestramento do Compos Borja Rey, Joel e Juampa, pero tamén Roque e Axel Sánchez, fichados este mesmo verán para reforzar ao Xuvenil A de Liga Nacional.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 week ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.