A SD Compostela lanza unha ilusionante campaña de abonos

1 de Setembro de 2020
Presentación Campaña Abonos 1
  • O lema da campaña, “#AIlusióndeSantiago”, fai mención á ilusión polo regreso á Segunda División B e ao sentido de pertenza coa cidade
  • Pódense realizar os abonos desde mañá (2 de setembro) na Tenda, Oficinas do Club ou na Web
  • Os abonados da Tempada 19/20 terán un 25% desconto, acumulable a un 10% máis se se destina o 75% do abono á Fundación SD Compostela
  • O abono será virtual, cun suplemento de 5€ para o abono físico
  • Abrirase Tribuna e Preferencia e créase o “Abono Siareiro”, para aqueles seguidores que residan fose de Santiago

Santiago de Compostela, a 1 de Setembro de 2020.

Unha tempada ilusionante, así se presenta a volta á Segunda División B para a SD Compostela. O club regresa á división de bronce do fútbol nacional e alí espera estar acompañado, de novo, dos seus máis fieis seguidores. Por iso, a campaña de abonos deste ano leva o lema de “#AIlusióndeSantiago”, en referencia ao sentido de pertenza coa cidade.

Con esta premisa, a entidade branquiazul pon mañá (mércores 2 de setembro) á venda os abonos da Tempada 2020/21, un curso no que se abrirá de novo a bancada de Preferencia. A campaña virá marcada polo 25% de desconto que terán os abonados do curso pasado e este poderase acumular tamén ao 10% de desconto que recibirán todos aqueles que destinen o 75% do seu abono á Fundación SD Compostela.

Ata tres serán as opcións para poder darse de alta ou renovar o abono da SD Compostela. Por vía presencial poderase realizar nas Oficinas do Club (de luns a venres de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00) e na Tenda Oficial do Club, Rúa da Raíña 8 (de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00). A maiores, tamén se habilita a vía telemática, a través do banner situado na páxina principal da web do club (www.sdcompostela.com) ou na pestana web de “Abónate”.

Nesta ocasión, o rango de prezos dividirase entre Tribuna e Preferencia. Con esta dobre opción multiplícanse as posibilidades para abonarse. Por outra banda, mantéñense os descontos para xubilados, parados e menores de 30 anos, así como para os menores de idade, quen só pagarán unha mínima cantidade no caso de ir a Tribuna.

Os prezos quedan da seguinte maneira:

TRIBUNA

–              Xeral: 120€

–              Xubilados e parados: 100€

–              Menores de 30 anos: 90€

–              Menores de Idade: 10€ (Non inclúe o desconto da Fundación).

–              Empresas (6 Abonos): 600€ (Só por transferencia na conta do club)

PREFERENCIA

–              Xeral: 120€

–              Xubilados e parados: 100€

–              Menores de 30 anos: 80€

–              Menores de Idade: Gratis

–              Empresas (6 Abonos): 540€ (Só por transferencia na conta do club)

A maiores, como novidade, engádese a opción do “Abono Siareiro”, para aquelas persoas que non residan en Santiago (envío gratuíto só á Península Ibérica). Este terá un prezo de 25€ e levará consigo o envío dunha bufanda, un llavero, un pin e a asistencia a un partido da tempada que non sexa medio día do club. Neste caso, recoméndase poñerse en contacto coa entidade a través do mail tienda@sdcompostela.com.  

Estes prezos corresponden co Abono Virtual, o cal portará cada abonado no seu teléfono móbil. No caso de que o desexen en formato físico, este terá un suplemento de 5€. Por outra banda, este ano non haberá reserva de asento debido á situación sanitaria provocada pola covid-19. Os abonos inclúen todos os partidos de Liga Regular, fóra dos partidos que sexan declarados como medios días do club.

Por último, todos os abonados gozarán dos tradicionais descontos en locais de Santiago e comarca que colaboren coa SD Compostela, os cales se irán anunciando a través das redes sociais do club.

Presentación da campaña

O acto de presentación da nova campaña de abonos realizouse esta mañá na Sala de Trofeos do club, onde estiveron presentes Ramón Castro, director das Relacións Institucionais e Javier Puñal, director de márketing e desenvolvemento de negocio.

O propio Javier quixo agradecer a todos os patrocinadores que axudan ao club nesta nova tempada. Ademais, animou á xente a que se abone e que se involucre co club “nunha tempada ilusionante”.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🚨⌚️ CONFIRMADO tamén o horario para a próximo partido na casa de Liga 🩵🤍x8 🆚 CD Guijuelo 🗓️ Domingo 20 de outubro🕖 12.00 horas 🏥 Patrocina HM Hospitales #composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⌚️🏆 HORARIO CONFIRMADO para a eliminatoria da Copa do Rei contra o Deportivo Alavés 🗓️ Martes, 29/10🕖 19.00 horas🏟️ Vero Boquete#composalavés #LaCopaMola𝐂𝐎𝐏𝐀 𝐃𝐎 𝐑𝐄𝐈 🏆 1ª Rolda 🆚 Deportivo Alavés 🏟️ Un partido para soñar na nosa casa, no Vero Boquete de San Lázaro 🩵🤍🗓️ 29.10 / 30.10 / 31.10#LaCopaMola #ComposAlavés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
𝐑𝐝𝐏 Previa🆚 Cantera - Real Racing Club 🎥 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧 𝐏𝐞𝐫𝐦𝐮𝐲 | 𝐅𝐞𝐫 𝐂𝐚𝐧𝐨 🗣️ Adestrador e xogador analizaron o partido de liga deste domingo ⚽️ Falaron sobre a confianza do grupo, os resultados como visitantes ou a importancia da vitoria#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎯 Trala Copa, un obxectivo 👉 regresar á senda da vitoria na liga💪 Centrados nun gran reto🙌 Queremos volver sumar de tres como visitantes📺🔴 O encontro poderase seguir en directo polo Youtube do Real Racing Club #rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🏆 Horario CONFIRMADO para as Semifinais da #CopaRFEF🙌 Tras 3 viaxes, tócanos un partido na nosa casa! Unha eliminatoria na que buscaremos o pase á gran final! 🆚 U.D. Poblense 🏟️ Vero Boquete🗓️ Mércores 16 de outubro🕔 20.00 horas#compospoblense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.