Novas equipacións da SD Compostela para a Tempada 20/21

15 de Setembro de 2020
Presentación Camisetas 3 1
De esquerda a dereita: Javier García, vicepresidente do club; Celso Penche, delegado en Galicia de Cobres San Rafael; Fernando Riopa, director de Cobres San Rafael; Juan Carlos Gesto, secretario da SD Compostela; Alberto Lavandeira, Conselleiro Delegado de Cobres San Rafael; Antonio Quinteiro, presidente do club; e Pablo Antas.
  • As camisetas foron presentadas esta mañá nun acto no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro

Santiago de Compostela, a 15 de Setembro de 2020.

Xa son unha realidade. As camisetas da SD Compostela 20/21 saíron hoxe á luz. Cun vídeo a través das redes sociais e un acto de presentación, que tivo lugar no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, o club mostrou á súa afección un dos segredos mellor gardados, as indumentarias que portarán os nosos polos campos da Segunda División B nun ano tremendamente ilusionante.

O evento realizado no fortín branquiazul contou coa presenza de membros da directiva da SD Compostela, así como cargos de Cobres San Rafael, empresa que estará presente na parte frontal das indumentarias. Ademais, Samu Rodríguez e Pablo Antas exerceron como modelos.

Nos novos deseños, e tal como explicou ante os medios de comunicación o presidente Antonio Quinteiro, existe un claro protagonismo da Catedral e do Camiño de Santiago, en consonancia coa celebración do ano Xacobeo neste 2021.

Deste xeito, a primeira equipación, a branquiazul, conta coa imaxe da Catedral de Santiago, emulando as camisetas históricas dos anos de Primeira División. Mentres tanto, a segunda, que este ano será verde, está marcada pola figura do “peregrino”, o cal xa veu sendo utilizado en pasadas campañas.

“As dúas camisetas teñen un atractivo moi especial, esperamos que os afeccionados as garden nas súas casas como recordo e esperemos tamén que lucindo esta camiseta logremos grandes resultados na Segunda División B, facendo gozar aos nosos fieis”, comentou Antonio Quinteiro.

Do mesmo xeito, aproveitou a ocasión para reiterar o seu agradecemento a Cobres San Rafael. “Agradecer a Cobres San Rafael o apoio ao noso proxecto, o cal non se basea só no patrocinio e na imaxe na camiseta do primeiro equipo, senón que tamén fortalece o traballo que realizamos no fútbol base. É un apoio para facer accións no ámbito deportivo cos equipos de Santiago e dos arredores, conseguindo lazos de unión para o desenvolvemento dos máis novos”, concluíu o presidente.

Presentación Camisetas 2 1

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 A familia do Compos é solidaria!Fixemos entrega á Fundación Stop Leucemia dunha donación de 665€ pola venta de 133 camisetas benéficas para a súa campaña "Regala Ciencia"🙌 Agradecemos a Fútbol Emotion, Casal Cotòn e á Fundación a súa colaboración nesta gran iniciativa📸 No acto de entrega, estiveron presentes Carlos Pérez, investigador da Fundación Stop Leucemia; e María del Carmen Casal, de Casal e CotónXuntos, impulsamos a investigación sobre enfermidades como a leucemia! Grazas a todos por facelo posible! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.