- O xogador branquiazul será operado o vindeiro xoves 26 de setembro polos doutores Gayoso e Miragaya
Santiago de Compostela, a 16 de Setembro de 2020.
Confírmanse as peores noticias: Joel López sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo. A resonancia magnética realizada ao novo xogador branquiazul confirmou o diagnóstico anticipado dos servizos médicos da SD Compostela.
Unha vez coñecida a lesión, Joel será operado o vindeiro xoves 26 de setembro polos doutores Gayoso e Miragaya, expertos en tratar este tipo de lesións.
Estímase un período de baixa duns seis meses para que o futbolista poida volver adestrar. Moita forza, Joel.