Comeza unha tempada ilusionante en Segunda B

16 de Outubro de 2020
  • Yago Iglesias asegurou que as sensacións son moi boas e que o equipo está con moitas ganas de estrearse na nova categoría

Santiago de Compostela, a 16 de Outubro de 2020.

Comeza a tempada, chega o momento da verdade. Este domingo, no Campo Reina Sofía, ás 16.30 horas, a SD Compostela redebutará na Segunda División B logo dun periplo de catro anos pola Terceira División. Liderados por Yago Iglesias, o proxecto branquiazul vístese de bronce e farao cunha dura proba de toque, a visita ao Unionistas de Salamanca.

Pretempada. “Tivemos máis adestramentos que partidos, pero as sensacións son moi boas. O equipo está con moitas ganas, con moita ilusión e desexando estrearse nesta nova categoría que levamos tanto tempo perseguindo”, comentou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Baixas. “Imos ter a baixa segura de Soto, que arrastra sanción, e despois hai varios xogadores que estiveron toda a semana entre algodóns, pero, en principio, todos están dispoñibles. Ademais, baixamos a carga esta semana para chegar máis frescos”, comentou o técnico.

Primeira xornada. “Tócanos unha das viaxes máis longas, contra un gran equipo e un campo sintético, un dos dous que hai neste subgrupo, e tócanos empezar alí, o cal sempre é unha modificación respecto ao que estamos afeitos”, explicou.

O rival. “Contan con dezasete caras novas e adestrador novo tamén, pero son un equipo asentado na categoría e con pretensión de acabar arriba. Trátase dun equipo moi poderoso fisicamente, que basea a súa fortaleza en chegar rápido a portería rival, xa sexa en xogo directo ou contraataque, e iso vainos a esixir estar moi concentrados durante os 90 minutos”, analizou.

Aythami e o plantel do Unionistas. “Sen dúbida, Aythami é un xogador de nivel na categoría, pero tamén a outra xente que o acompaña, entre eles, De la Nava ou Álex Rey, que coñecemos ben no grupo galego. Coñecemos ben o potencial do seu ataque, porque é xente de área e de gol”, remarcou.

Sensacións. “Vemos ao equipo moi ben. As sensacións nos dous últimos partidos foron moi boas e agora queremos referendalo na competición”, destacou.

Plan de partido. “Polo que puidemos ver, é un campo de artificial de última xeración, de boas dimensións. Ao ser un campo novo, ten moito caucho, pero fixemos o noso plan de partido e temos unha idea máis ou menos clara da composición de lugar”, descifrou.

Filosofía. “É un chanzo máis, o nivel aumenta, os equipos son doutra talla, hai máis ritmo… pero imos tentar facer o noso xogo. Aínda así, tamén teremos que tentar sacar beneficio doutros recursos, ter máis rexistros e ser máis competitivos”, sinalou.

O subgrupo. “Desde o meu punto de vista é o subgrupo máis difícil, con equipos case todos con pasado en ligas profesionais e con grandes Estadios. Por iso, neste primeiro formato é importantísimo o partido a partido, é de vital importancia cada punto e por iso, dentro da nosa filosofía de continuidade, cremos que nos pode dar beneficio”, sinalou o técnico.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 SD Eibar B 👉 Os nosos xa están de camiño para o País Vasco🆕 Estrea convocatoria Rafa de Vicente#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🏅 Moitos parabéns, Alejandra Neira, polo campionato do mundo junior de ciclismo!🌈 Orgullo de Compostela 👏 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 4🩵🤍 O adestrador do Compos analizou as virtudes do rival, apuntou as claves para poder sumar a vitoria en Eibar e tamén fixo unha reflexión sobre o aspecto mental dos futbolistas#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜🎯 #eibarbcompos🗓️ 2 días🙌🧐 Co foco posto nunha nova vitoria📷 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.