Hugo Sanmartín: “Hai que darlle valor ao estilo do Compos”

28 de Outubro de 2020
Presentación Hugo 2 1
Manuel Hombre Dopazo, xerente da Panadería O Cornecho, con Hugo Sanmartín e Javier Puñal.
  • O mediapunta confía en que a imaxe contra o Deportivo sexa a liña a seguir

Santiago de Compostela, a 28 de Outubro de 2020.

Hugo Sanmartín enfrontarase este domingo ao Coruxo, un club no que disputou unha tempada en Segunda División B. Coñecedor da categoría e da dificultade da visita a O Vao, o mediapunta compostelanista confía en que a imaxe mostrada contra o Deportivo sexa a liña a seguir para a tempada.

“Esperamos que a imaxe mostrada contra o Deportivo, sexa a liña para seguir a partir de agora. Ao final, hai que darlle valor ao club de que mantivese o bloque, con xogadores que veñen de Terceira, e iso nótase no campo”, explicou Hugo en rolda de prensa.

Por iso, destaca a proposta realizada polo Compos. “Hai que darlle moito mérito e poñer en valor o que facemos, porque somos un equipo que queremos sempre balón e que facemos ataques posicionais, o máis difícil no fútbol actual. A maioría, con todos os meus respectos, espera plegadiño e sae a correr, pero o que propón o Compostela vai moito máis alá, é máis complicado”, remarcou.

Coa súa visión de adestrador, Hugo analizou a imaxe do equipo ante o cadro herculino. “Controlamos o partido case todo o tempo. Aínda que si é verdade que eles teñen moita calidade individual e ao final sempre che chegan, nos últimos minutos tivemos un par de ocasións nas que nos faltou algo de frescura, porque defender a un equipo así en certos momentos é complicado e vaste cansando. Cos cambios, puidemos refrescar o equipo e ter ese chance”, analizou.

Ademais, valorou a proposta de Yago Iglesias ante o rival a bater. “Tivo unha aposta arriscada, con Josiño e Brais de interiores, pero as cousas con mecanismos e traballo saen. Levamos traballando así desde o día uno e non imos cambialo”, asegurou.

Deixando ao carón a última xornada, toca pensar na próxima saída, a visita ao Coruxo, un equipo e un campo que Hugo coñece moi ben. “O  Vao é un campo difícil, que parece grande pero non o é tanto, que as bandas caen en pendente e que se vai facendo máis curto. Eles en casa son moi fortes, ten grandísimos xogadores e van propoñernos un partido moi complicado”, comentou no acto realizado nas instalacións de Panadería O Cornecho, patrocinador individual do xogador para esta tempada 2020/21.

Por outra banda, adiantou que para final de ano espera publicar un libro de fútbol e para marzo ou abril outra novela.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.