Pato Guillén: “Vimos de dous partidos moi bos, xogamos na casa, e temos ganas de gañar”

4 de Novembro de 2020
Pato vs Coruxo FC 1
  • O porteiro uruguaio destacou que agardan a un Guijuelo que veña a xogar de ti a ti, sen especular

Santiago de Compostela, a 4 de Novembro de 2020.

Despois de varios anos, Pato Guillén está de volta na Segunda B, unha reestrea na que xa deixou o seu sinal, con dous partidos sen encaixar. Precisamente, neses encontros, nos que o equipo sumou os primeiros puntos da tempada, o porteiro uruguaio viu a un gran Compos, nunha liña a seguir para facer un gran ano.

“Vimos de dous empates nos que o equipo estivo moi ben e deixou boas sensacións, xogamos na casa, e temos ganas de gañar”, destacou o seteiro.

Para conseguilo, enfronte estará este sábado o CD Guijuelo, un conxunto adestrado polos irmáns Montes. “Esperamos un equipo que nos vai a querer quitar o balón, que vai querer ser protagonista, que ten bos xogadores e un adestrador que lle gusta xogar ao fútbol. Agardo un Guijuelo que veña a propoñer e que nos veña a xogar de ti a ti, sen especular”, analizou.

Lamentablemente, ao encontro non poderán asistir afeccionados compostelanistas, unha circunstancia que botan de menos os nosos. “Está claro que se fai raro xogar desta maneira, pero é o que nos toca e xa vemos que estamos nunha situación bastante crítica e agora mesmo prima a saúde e hai que acatar as decisións que toman os expertos”, declarou.

Sexa con ou sen público nas bancadas, Pato ve preparado ao equipo para competir na categoría. “Somos conscientes de que é un grupo difícil, con grandes equipos e xogadores, pero temos unha fortaleza grupal importante, coñecémonos moito, somos xente traballadora e estamos con moitísima ilusión e ganas de afrontar este ano. Non teño dúbida que imos competir, o que nos fará estar ao 120%, porque onde baixemos un pelín, por calidade, os rivais teñen pezas que poden resolver os partidos. Se estamos nesa liña creo que imos competir de maneira sobresaínte e facer un gran ano”, detallou ante os medios de comunicación.

Do mesmo xeito, Pato ten claro que os goles acabarán chegando. “O que nos está faltando é rematar eses achegamentos que tivemos. Chegamos ata ese último terzo con grandes opcións, pero faltounos ese último pase ou remate. Con todo, o importante é que se están xerando opcións e o gol xa virá”, sentenciou.

Pola súa banda, no aspecto defensivo, avala o traballo do corpo técnico para saber contrarrestar as fortalezas dos rivais. “Somos un equipo que pola nosa forma de xogar, en certas fases, expoñémonos bastante, pero tamén hai un traballo detrás no cal sabemos onde situarnos, tanto en ataque como en defensa. O ano pasado xa se viu que fomos o equipo menos goleado da categoría e este ano demostramos que somos un equipo sólido”, explicou.

Esa solidez defensiva será unha das claves da tempada, asegura, nun regreso á Segunda División B moi ilusionante para todos.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸️@sd tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.