O encontro deste sábado contra o CD Guijuelo será a porta pechada

4 de Novembro de 2020
  • Pese aos esforzos do club para disputalo coa presenza de público, o Concello comunicou á última hora de onte que se debía xogar a porta pechada

Santiago de Compostela, a 4 de Novembro de 2020.

Este sábado a Sociedade Deportiva Compostela xogará a cuarta xornada de liga, a segunda como local, contra o CD Guijuelo, un encontro para o que agardaba poder contar coa presenza de público, en concreto, con 150 abonados. Con este obxectivo, na mañá de onte celebrouse un sorteo na notaría de Don Francisco López Moledo para saber aqueles abonados que poderían asistir aos vindeiros encontros, sendo os 150 primeiros números que saíron os que asistirían ao devandito partido deste sábado.

Porén, o Concello, por prudencia e atendendo a situación epidemiolóxica da cidade, opta porque os eventos deportivos de Santiago se disputen sen público.

Neste senso, o club respecta a decisión municipal, se ben agarda que este sexa o último partido que se dispute sen a presenza de seareiros, xa que non parece comprensible que en auditorios de menor tamaño si se permita a presenza de espectadores, e non nun recinto aberto e amplo como é o Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

Por todo iso, agarda que nos vindeiros encontros que se xoguen no fortín poidan asistir un número limitado de abonados, ao igual que noutros campos da comunidade.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A pola segunda vitoria consecutiva!⚽️ 𝐗𝟐𝟐🆚 Club Silva SD 🗓️ Domingo, 22 de febreiro🕧 12:30 horas🏟️ Grela 1🎟️ Entrada libreEste domingo, anima aos nosos na Coruña! 🙌#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.