SD Compostela e CD Conxo camiñarán xuntos dende a próxima tempada

20 de Abril de 2022
  • Ambos clubs chegaron a un acordo para que o Compos leve a xestión deportiva e económico-administrativa da histórica entidade
  • O 1 de xullo entrará unha nova directiva que desenvolverá o convenio

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2022

A SD Compostela e o CD Conxo camiñarán, dende o próximo 1 de xullo, xuntos da man. Ambos clubs chegaron a un acordo para que o Compos leve a xestión deportiva e económico-administrativa da histórica entidade compostelá, un convenio negociado nas últimas semanas e que conta co visto e prace da que será a nova directiva, que tomará o relevo da actual xunta xestora. O acordo foi negociado polo presidente da xunta xestora do CD Conxo Santiago e o seu actual coordinador deportivo, e polo director deportivo e o coordinador de fútbol base por parte do club branquiazul.

En base a ese acordo, ambos clubs seguirán competindo de maneira independente, aínda que sempre cunha vinculación estreita que permitirá a creación dunha gran estrutura de fútbol base na comarca de Santiago, converténdoa nunha das tres primeiras de Galicia, para fomentar o ascenso dos xogadores de ambas entidades ao primeiro plantel da SD Compostela.

Deste xeito, a que será a nova xunta directiva do CD Conxo Santiago xorde da súa proximidade coa directiva branquiazul, a cal será vital para alcanzar os seus obxectivos sociais e deportivos, a través da capacidade de xestión económica, técnica e de recursos humanos de que dispón a entidade compostelanista.

Neste sentido, será a Fundación Sociedade Deportiva Compostela, declarada fundación de interese galego e de interese deportivo pola Xunta de Galicia, a responsable da devandita xestión, tentando manter a actual estrutura do Conxo Santiago. Dado que un dos obxectivos básicos da citada Fundación é o fomento da práctica deportiva nos máis novos, este acordo poñerá aínda máis en valor o seu traballo.

Con todo iso en mente, Miguel Calviño González será o presidente do CD Conxo a partir do 1 de xullo, acompañándoo na dirección da entidade Manuel Ángel Antelo Liste, José Ramón Vives Campos, Amadeo Rey Couceiro e Mateo García Morais.

O acordo, que terá vigor para as próximas catro tempadas, asinarase en próximas datas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a por unha nova final!!⚽️ 𝐗𝟑𝟐🆚 UD Somozas 🕔 17:00 horas🏟️ Manuel Candocia🎟️ 10€ Entrada Xeral | Gratis Menores de 14 anos🙌 Todos xuntos, a conseguir tres puntos vitais!!#somozascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ A polas tres finais que restan!👉 Os nosos regresan esta tarde ao traballo para preparar o duelo vital deste domingo nas Somozas#somozascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos empatou na casa tras ir por detrás no marcador dúas veces🫂 Todos xuntos, a polas tres finais que restan para poder acadar o obxectivo!!👉 sdcompostela.com/gl/2026/04/19/empate-vero-boquete-compos-2-2/📸 Nacho Castaño #composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso técnico tralo empate no Vero Boquete#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 2️⃣-2️⃣ Atl. Coruña Montañeros 📸 Nacho Castaño #composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.