Antonio Quinteiro deixa a presidencia da SD Compostela tras once tempadas

28 de Xuño de 2022
  • Deixa o club tras renunciar ao seu cargo, aínda que seguirá como socio da entidade
  • Durante a súa etapa á fronte do club, recuperouse o nome e lográronse tres ascensos

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022

Antonio Quinteiro deixou a presidencia da Sociedade Deportiva Compostela despois de once tempadas, tras tomar a decisión, na tarde de onte, de renunciar ao seu cargo. Reunido coa xunta directiva que o acompañou durante esta etapa, o ata o de agora presidente decidiu dar un paso a un lado, aínda que se manterá como socio do club.

Antonio anunciou a súa decisión esta mañá en rolda de prensa, na sede do club, onde expuxo os motivos que o levaron a tomar este camiño, desexándolle a maior das sortes á directiva que mantén o proxecto e marchándose como un afeccionado máis que seguirá apoiando ao equipo desde a bancada.

Dende a súa chegada ao club, acompañado por unha renovada xunta directiva, Antonio Quinteiro conseguiu importantes logros, adquirindo os dereitos legais da SD Compostela, liquidando todas as débedas anteriores e recuperando o nome perdido. Ademais, no capítulo deportivo, pecha a súa etapa á fronte do club con tres ascensos, dous a Segunda División B e un a Terceira División.

Despedida.

Ante os medios de comunicación, Antonio Quinteiro mostrou a súa tristeza por non pechar o acordo con Rammalloc Sports e expuxo os motivos que o levaron a asinar a súa renuncia á presidencia e á súa condición de directivo.

En primeiro lugar, quixo facer referencia ao interese de Jota Peleteiro e a todo o sucedido. “Tivemos moitos achegamentos, pero non nos daban a suficiente garantía ata a chegada de Rammalloc e Jota Peleteiro. A todos pareceunos ben, porque era unha persoa que coñece o fútbol desde a canteira e que sabía os nosos valores. Ademais, quero deixar claro, para desmentir eses falsos rumores que estiveron na rúa, de que si quería manter o proxecto do Compostela”.

Neste sentido, despois de varias semanas, os avogados de ambas partes puxéronse a elaborar as actas para configurar o cambio de directivas. “Pasáronse unhas actas que as directivas debían asinar, do mesmo xeito que fixemos nós no seu día, acompañadas do acordo entre Jota Peleteiro-Rammalloc e Antonio Quinteiro. Aí empezan as diferenzas, pedíndolle os avogados do club unhas correccións para que houbese acordo”, detallou.

Así mesmo, indicou, trasladou unha petición para que as posibles responsabilidades recaesen na súa persoa, así como un documento asinado por Rammalloc co seu compromiso, pero indicáronme que “non é garantía para eles e que non o podían asumir”, polo que, expresou, “non podo obrigar a ninguén a renunciar nin despedilo, porque non sería bo para o club”.

Todos estes motivos levárono a presentar a súa dimisión, quedando pendente o nomeamento dun novo presidente. “A xunta directiva deu unha estabilidade ao club, cumprimos con todos os compromisos e teño a tranquilidade que o seguirán facendo. Seguirán ofrecendo a mesma seriedade, o mesmo cumprimento e as mesmas garantías”, destacou.

Por iso, ten claro que a súa marcha non impedirá que a xunta directiva siga con “a mesma filosofía, ese é o compromiso e o que eu lle pedín: que sigan traballando, seguir crecendo e mantendo os mesmos acordos”.

Por último, Antonio Quinteiro, quixo agradecer a todo o persoal do club que traballou durante estes once anos, “porque foron moi duros”, un traballo para que “os mozos volvesen ao Compos e para que as empresas apoiasen o proxecto de cidade”, así como aos afeccionados “que fixeron posible recuperar a ilusión polo Compos”.

“Deséxolle o mellor ao club, seguirei sendo socio, un afeccionado máis, virei cada domingo que poida a apoiar ao club e estarei na bancada como un afeccionado máis, desexándolle que lle vaia ben. Cun bo traballo, como o que ata o de agora se realizou, o proxecto seguirá a mesma liña”, concluíu a súa intervención.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | 𝐌𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥 𝐀𝐥𝐨𝐧𝐬𝐨 🗣️ PREVIA do encontro deste domingo, ás 12.00 horas no Vero Boquete, ante o Real Oviedo Vetusta!!!🩵🤍 Hoxe acompañounos na rolda de prensa Fernando Leis, de O Pan de Leis, patrocinador do encontro!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄𝐃𝐈𝐂𝐎𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬 🩵🤍👨‍⚕️ As probas realizadas a Pablo Antas polos servizos médicos confirmaron unha microrotura no músculo semitendinoso da súa coxa dereitaEstará de baixa dúas semanas!Moito ánimo, Pablo 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Onte estivo de aniversario o noso mariscal na zaga, Euse Monzó!!! 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Euse!!! 💪 Que veñan acompañados de moitos éxitos e que os celebremos xuntos!!!📸 Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual | Jesús Figueroa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.