Martín Salvador, xuventude e talento para o lateral esquerdo

30 de Xuño de 2022
  • O defensa navarro, con ficha sub-23, firma por dúas tempadas e procede do Peña Sport

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022

Martín Salvador Erro (05/07/2001, Pamplona) é a segunda fichaxe da SD Compostela para a Tempada 2022/23. O lateral esquerdo, de 20 anos, firma por dúas campañas e chega procedente do Peña Sport, equipo co que debutou o pasado ano na Segunda RFEF. Con ficha sub-23, o mozo defensor achegará sabia nova e talento ao plantel branquiazul.

Martín Salvador é un lateral zurdo con amplo percorrido, rápido e cun extraordinario golpeo de balón dende longa distancia, calidades estas que levaron á dirección deportiva da SD Compostela a afrontar a súa fichaxe.

Na súa última tempada, no Peña Sport, do grupo 2 da Segunda RFEF, o defensor disputou 27 partidos, 21 deles como titular, para un total de 1.929 minutos, nos que ademais meteu un gol.

Anteriormente, tras desenvolver a súa traxectoria en categorías inferiores no Osasuna, pechando a súa etapa xuvenil no equipo de División de Honra, Martín debutou como sénior no Calahorra B, de Terceira División, disputando 23 duelos, incluído a eliminatoria de cuartos de final polo ascenso.

Ese gran rendemento valeulle a oportunidade para subir de categoría o pasado verán, nivel no que seguiu demostrando a súa gran valía, a cal mostrará agora na capital galega.

Tras a súa fichaxe, a SD Compostela 22/23 conta xa con once xogadores con contrato: Pato Guillén, Borja Rey, Roque, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Martín Salvador, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan, Parapar e Pablo Durán.

Benvido a Santiago, Martín!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Desfrutade desta gran noite que quedou tras este gran +3⃣ na nosa casa 😍 #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composastorgaO técnico do Compos valorou o importante triunfo na casa e destacou as grandes sensacións mostradas e o fútbol de ataque do equipo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 4️⃣-1️⃣ @AtleticoAstorga⚽️⚽️ Dani González ⚽️ Buba | Unai PeónPARTIDAZO E OS TRES PUNTOS QUEDAN NA CASA 🩵🤍UNHA VITORIA MERECIDA E QUE DESFRUTAMOS XUNTOS 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 3️⃣-0️⃣ Atletico Astorga ⚽️ Buba | Unai Peón | Dani GonzálezQUE GRAN PRIMEIRA METADE DOS NOSOS! 🔥📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU COMPOS 🆚️ Atletico Astorga 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.