Fin a unha exitosa primeira semana de Campus: o luns máis

2 de Xullo de 2022
Foto de familia tras la tercera edición del Campus de Melide.
  • Os participantes da primeira semana de As Cancelas, Vimianzo e Melide puideron gozar das actividades propostas polos monitores
  • Agradecer ás empresas colaboradoras que fan posible a celebración destes campus
  • As inscricións para os restantes Campus seguen abertas en https://bit.ly/InscricionCampusXacobeos

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2022

Este venres pechouse unha gran primeira semana da rede de Campus Xacobeos. Os participantes de As Cancelas, Vimianzo e Melide puideron gozar de cinco días de actividades, xogos e moita diversión. Os cento cincuenta rexistrados, entre as tres sedes, crearon vínculos de amizade, pasárono en grande e desfrutaron con cada momento vivido.

O arranque dun mes de xullo con moitos máis Campus Xacobeos non puido ser mellor. A experiencia foi moi positiva, polo que todos temos moitas ganas de que chegue o luns para comezar coa segunda semana do Campus da SD Compostela, de novo en As Cancelas, e a primeira edición do Campus de Porteiros Borja Rey, no Campo da Mercé, en Conxo.

En todo caso, as propostas no campo, as visitas de xogadores ou as saídas non serían posible sen as empresas colaboradoras, ás cales a Fundación SD Compostela agradece o seu apoio: Rede Aberta, Gadis, Galifresh, Augas de Sousas, Xacobeo 21-22, Xunta de Galicia e Segundo Rey.

MÁIS SEDES, MÁIS DIVERSIÓN.

Esta toma de contacto serviu de impulso para todo o que vén por diante, xa que os Campus Xacobeos non paran. Superando xa amplamente os trescentos participantes, as inscricións seguen abertas para Santiago, Negreira, O Pino, San Vicente do Grove, Esteiro e Louro. Como ata o de agora, as solicitudes pódense cubrir na web do club ou directamente na ligazón https://bit.ly/InscricionCampusXacobeos.

Na solicitude cubriranse todos os datos do participante, así como o lugar escollido, coa necesidade de remitir, para completar a inscrición, o comprobante de pago (unha vez realizado o ingreso no número de conta ES31-2080-0300-8730-4558-2273) e unha fotocopia do DNI do menor ao correo electrónico academia@sdcompostela.com.

Así mesmo, para resolver calquera dúbida ou para solicitar máis información, ponse a disposición o citado e-mail, así como o número de teléfono 626 063 705 (Manu Otero).

Os prezos por semana varían en función das distintas modalidades. A tarifa xeral será de 140€; para abonados ou fillos de abonados dos clubs organizadores, 125€; para os xogadores da base do Compos e dos clubs organizadores, 90€; e para irmáns de rexistrados, 70€.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Samu seguirá un ano máis de branquiazul©️ O mediocentro cumprirá a súa décima tempada no Compos co obxectivo de acadar o ascenso𝐒𝐚𝐦𝐮 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/19/samu-renovacion-capitan-compos/#samu2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Álex Cobo, novo gardián da portería da SD Compostela🧤 Chega ao Compos co obxectivo de acadar o seu cuarto ascenso𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐂𝐨𝐛𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/18/alex-cobo-porteiro-fichaxe-compos/#benvidoálexcobo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Uzal, novo xogador da SD Compostela🤝 O mediocentro coruñés chega desde Segunda RFEF e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐔𝐳𝐚𝐥 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/17/diego-uzal-sd-compostela-fichaxe/#benvidouzal ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Rabanillo e Diego non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo vosa dedicación e traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Pablo Antas e a SD Compostela separan os seus camiños⚽️ O mediocentro déixanos un legado de seis tempadas e 152 encontros, cun gol, en Balaídos, que será sempre recordadoMoitísimas grazas por todo, mago!O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/16/pablo-antas-compos-152-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.