O prometedor central zurdo Damián Canedo, terceira incorporación da SD Compostela

2 de Xullo de 2022
  • O compostelán ficha por dúas tempadas tras acabar a súa etapa xuvenil no Barcelona

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2022

Damián Canedo Midón (Santiago de Compostela, 08/03/2003) é a terceira fichaxe da SD Compostela para a Tempada 2022/23. O prometedor central zurdo compostelán, tras tres anos nos xuvenís do FC Barcelona, regresa á capital galega para asinar co Compos por dúas campañas, na que será a súa primeira experiencia como sénior.

Aos seus 19 anos, Damián destaca por ser un central con envergadura, cun extraordinario trato de balón e que pode actuar tanto no centro da zaga como tamén de lateral, características estas que levaron á dirección deportiva do club a realizar a súa fichaxe.

Damián Canedo volve a Santiago despois de conseguir co Barça a Copa de Campións Xuvenil. Co máximo campionato nacional, o defensor pechou a súa etapa na base na cidade condal, onde demostrou as súas calidades durante tres campañas, disputando dous cursos co equipo de Liga Nacional e o último no División de Honra. Ademais, debutou tamén na UEFA Youth League.

Anteriormente, Damián destacou nas filas do Xuventude Oroso, chamando a atención do RC Celta de Vigo, que o recrutou en idade cadete. Ese gran rendemento na canteira celeste valeulle a oportunidade de fichar polo Barça, de onde agora procede.

Coa súa fichaxe, a SD Compostela 22/23 que dirixirá Fabiano conta xa con doce xogadores con contrato: Pato Guillén, Borja Rey, Roque, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián Canedo, Martín Salvador, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan, Parapar e Pablo Durán.

Benvido de novo a Santiago, Damián!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Miguel Prado, xerarquía e seguridade para a defensa do Compos ⚽️ O central asturiano, con ampla experiencia na categoría, chega tras tres grandes tempadas no Ourense CF, cun ascenso e dúas campañas en Primeira Federaciónℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/15/miguel-prado-fichaxe-compos-26-27/#benvidomiguelprado ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
Valín non continuará na SD Compostela👉 O club agradécelle o seu traballo e compromiso para conseguir o ascenso á Segunda FederaciónMoita sorte para o futuro!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
▶️⚽️ O Compos 26/27 xa está en marcha👉 Os nosos iniciaron hoxe a pretempada coa nova dirección de Carlos de Lerma🗓️ Comezan oito semanas de preparación para o inicio da competición#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Jordan Sánchez volve á súa casa para cabalgar a banda do Vero Boquete ⚽️ O defensor, tras dez tempadas na Segunda B e Primeira Federación, vivirá a súa segunda etapa no Compos, onde xogou 100 partidos en tres cursos e medioℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/14/jordan-sanchez-regreso-compos-26-27/#benvidojordan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Mario Hermo está de volta na SD Compostela ⚽️ Tras dous cursos no Deportivo, cun título de División de Honra e un ascenso á Primeira Federación, o noso canteirán seguirá medrando no Compos, contribuíndo con esforzo, ambición e calidadeℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/14/mario-hermo-fichaxe-compos-26-27/#benvidomariohermo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.