Samu cumprirá a súa sétima tempada na SD Compostela

3 de Xullo de 2022
  • O mediocentro de Bembibre e segundo capitán do equipo renovou o seu compromiso co club por unha campaña máis

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2022

Samu Rodríguez cumprirá a súa sétima tempada na SD Compostela, despois de renovar o seu contrato por unha campaña máis. O mediocentro de Bembibre (Val do Dubra), segundo capitán do equipo, seguirá liderando ao Compos, dentro e fóra do campo, na Segunda RFEF.

Deste xeito, Samu convértese no actual xogador con máis campañas seguidas no club, ao que chegou desde o Noia no verán do 2016. En todo este tempo, o mariscal branquiazul demostrou a súa gran calidade, enorme visión de xogo, intelixencia táctica e tamén un bo golpeo de balón desde longa distancia e a balón parado.

Ata a data, o capitán acumula xa 152 partidos xogados coa camiseta compostelanista, vinte e sete deles no último curso, quince como titular, nos que anotou tres goles (contra o Pontevedra, Arousa e Ceares) e repartiu varias asistencias.

Ademais, na súa traxectoria no club, Samu logrou un ascenso á Segunda División B, dúas ligas de Terceira División, unha Copa Deputación e unha Fase Autonómica da Copa RFEF.

Coa súa renovación, a SD Compostela 22/23, con Fabiano como adestrador, conta con trece xogadores con contrato: Pato Guillén, Borja Rey, Roque, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián Canedo, Martín Salvador, Pablo Antas, Samu, Fer Beltrán, Jordan, Parapar e Pablo Durán.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.