Visita de Samu e Mario ao I Campus do Pino

20 de Xullo de 2022
Xunta de Galicia Campus O Pino
Samu e Mario no Campus do Pino
Rede Aberta Negreira
Rede Aberta Campus O Pino

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2022

Hoxe estiveron no I Campus do Pino os xogadores do primeiro equipo Samu e Mario, participando nas actividades dos máis de sesenta nenos e nenas rexistrados, así como contestando as súas preguntas.

Xunto a eles, que participaron tras o adestramento matinal desta xornada de pretemporada, tamén estiveron presentes José Ramón Puga, técnico de Deportes de Touro; Eva Varela, concelleiro de Cultura do Pino; Antonio Varela, presidente da SD O Pino; e Pablo Núñez, de Cobres San Rafael.

Dentro da quinta semana de Campus Xacobeos, as actividades están a levarse a cabo en Negreira, na súa segunda edición, e na citada cita do Pino. O primeiro deles está patrocinado por Rede Aberta, mentres que o segundo por Cobres San Rafael, quen regalou a inscrición para todos os nenos e nenas de Touro e O Pino.

Séguese así con todas as sedes previstas, superando amplamente os 300 inscritos entre todos os lugares. Por diante, queda o I Campus de San Vicente do Grove, do 8 ao 12 de agosto. Como ata o de agora, as solicitudes pódense cubrir na web do club ou directamente na ligazón https://bit.ly/InscricionCampusXacobeos.

Así mesmo, para resolver calquera dúbida ou para solicitar máis información, ponse a disposición o citado e-mail, así como o número de teléfono 626 063 705 (Manu Otero).

Os prezos por semana varían en función das distintas modalidades. A tarifa xeral será de 140€; para abonados ou fillos de abonados dos clubs organizadores, 125€; para os xogadores da base do Compos e dos clubs organizadores, 90€; e para irmáns de rexistrados, 70€.

En todos eles, a organización non sería posible sen a axuda das empresas colaboradoras, ás cales a Fundación SD Compostela agradece o seu apoio: Rede Aberta, Gadis, Galifresh, Augas de Sousas, Xacobeo 21-22, Xunta de Galicia e Segundo Rey.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.