Fabiano: “Apostei polo Compos porque é a miña casa e deume todo na vida”

19 de Xullo de 2022
Presentación Fabiano en A Grella
  • O novo adestrador branquiazul foi presentado en A Grella Brasería, o seu patrocinador oficial

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2022

Na Brasería A Grella, Fabiano Soares Pessoa, ‘O Rei’, foi presentado como novo adestrador da SD Compostela. A lenda do club e novo técnico branquiazul será patrocinado polo establecemento que dirixe Luis Asorey, de aí que as súas primeiras verbas dende a súa chegada a Santiago se producisen no restaurante compostelán.

Acompañado pola xunta directiva, Fabiano destacou o feliz que se sentía de regresar ao Compos, “a súa casa”, así como o ilusionado que estaba de liderar o proxecto compostelanista na Segunda RFEF, co obxectivo de acadar o ascenso.

Dándolle a benvida, en primeiro lugar, Ángel Espadas destacou o motivo de realizar o acto en A Grella e agradeceu o apoio da familia Asorey. “A Grella, da man de Luis, será o patrocinador oficial do adestrador do Compos, por moitas razóns: históricas, persoais e de amizade. Suso coñece moito a Fabiano, conviviron moito no club, ambos forman parte da historia contemporánea do club e que mellor que a familia Asorey esté directamente vinculada co novo adestrador. Oxalá a relación entre ambos nos dea os momentos de éxitos que nos deron no seu momento”, remarcou.

Ademais, recordou a importancia de Fabiano dentro da historia da SD Compostela. “Ninguén entendería a historia contemporánea do club sen Fabiano. Fabiano ten o corazón azul e branco, como todos os que estamos aquí. Unha persoa moi ligada ao club e a cidade, así como unha auténtica lenda da cidade. Foi xogador de moitos equipos, pero, sobre todo, do Compostela, foi unha insignia do club, unha auténtica lenda, deunos moitas tardes de gloria, grandes momentos deportivos, o ascenso á Primeira viu da súa man e sempre foi moi querido pola afección e por todos. A miña xeración non entendería o Compostela sen a presencia de Fabiano nel. Se Santiago tivo un Rei nos últimos trinta anos, está hoxe aquí sentado”, sinalou.

Por último, explicou os motivos que levaron ao club a afrontar a súa fichaxe como adestrador da SD Compostela 22/23. “Rescatamos ao Rei Fabiano, primeiro, por razóns deportivas, porque foi o elixido polo director deportivo para dirixir a nave do Compos durante esta tempada. Segundo, por razóns históricas, porque entendemos que representa o que todos queremos para a SD Compostela. E terceira, porque o Compos estaba nunha situación moi complicada hai un mes e había que botar man daqueles que queren o Compos, que senten o escudo azul e branco, e pensamos que Fabiano era a mellor opción. A túa sorte será a do Compostela”, incidiu.

Agradecendo os eloxios e o apoio de A Grella, Fabiano quixo remarcar o compromiso que afronta nesta nova etapa da súa vida. “Moitas grazas, estou aquí de corazón, apostei polo Compos porque é a miña casa e deume todo na vida. Quero moito ao club e necesita un esforzo de todos e estou aquí para que suba o equipo. Necesitamos que a cidade nos empuxe para acadar as vitorias e para conseguir os puntos necesarios”, remarcou nas súas primeiras palabras como técnico, engadindo que estaba “moi agradecido tamén a Asorey, polo seu apoio e axuda, xa que “é unha persoa que nos axudou moito sempre e teño unha relación moi boa con el”.

“Síntome moi contento de estar aquí e estou seguro que con cariño e moito traballo o equipo vai conseguir os obxectivos”, concluíu.

Declaracións de Fabiano Soares na súa presentación.

Tras as primeiras declaracións, o adestrador respondeu as preguntas dos xornalistas, incidindo nos obxectivos do proxecto branquiazul, que buscará o salto de categoría.

Oferta do Compostela. Manuel chamoume a Brasil, ofreceume a oportunidade, estaba no aeroporto, díxenlle que llo quería comunicar á familia e cando volvín a casa comuniqueillo e xa lle dei o si a Manu. Ao Compostela non lle podo negar nada, por todo o que me deu e espero ter os mesmos éxitos que como futbolista.

Foi difícil a decisión? Tiña algunha opción no mundo árabe e en Brasil, pero a oferta de aquí, con todo o agarimo que recibín sempre e coñecendo a casa, era moi importante para min. Nunca dubidei de vir a Santiago e ao Compos, polo que foi todo moi rápido. Descartei todo o que había na mesa e vinme de cabeza para aquí. Espero que fose a decisión acertada e espero chegar a final de tempada con opcións de subir e facelo.

Primeiras sensacións. Os mozos escóitanme ben, viñeron en forma e é un plantel curto, pero bo. Agora temos que acertar coas fichaxes, con xogadores que acheguen ao grupo para conseguir ese plus para loitar para entrar no playoff e ascender.

Fichaxes. Levo dous días aquí, eu estou a poñer as características dos xogadores que me gustan e Manu os nomes que se poden traer. Estamos en sintonía, todo vai no bo camiño e hai moitos contactos para conseguir as fichaxes que restan.

Que lle falta ao equipo? Necesitamos xogadores que nos dean un plus igual ou mellor do que temos. Temos unha base moi forte, tamén hai algunha oferta por xogadores que poden saír, pero non quero dicir a posición que necesitamos reforzar, porque necesito que todos os futbolistas estean enfocados e involucrados para conseguir o mellor para o Compos. Son pequenos detalles. Temos que acertar co que traiamos. Iso é o importante.

Loitar polo ascenso. Miro a historia. O Compostela ten unha camiseta e non podemos loitar na metade de táboa ou por salvar a categoría. O equipo ten unha historia, non é desta división e a presión témola todos. Xogar no Compostela non é o mesmo que noutro equipo. Que saiban desde o inicio que se están aquí é para loitar por algo.

Primeiro discurso ao plantel. Pedín compromiso co club e profesionalidade, porque o necesitamos. Se estamos comprometidos durante os dez meses seremos un gran equipo e faremos un modelo de xogo que nos de os puntos. Por iso, o primeiro é o compromiso, durante toda a tempada, porque nos fará falta para lograr o obxectivo.

Dificultade da liga. Os rivais sempre son complicados, pero estamos no Compos, temos que ser protagonistas e o importante é como xoguemos, ser valentes, na casa e fóra, e se traballamos ben teremos moitas posibilidades de gañar os partidos.

Estilo de xogo. Queremos un equipo proactivo, que leva ao contrario ao erro, con presión arriba, valente, un equipo organizado e compacto para defender e organizado para atacar.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.