Aberta a inscrición para a Escola de Tecnificación Compostec, que coordinarán Pablo Antas e Cardeñosa

29 de Agosto de 2022
Compostec

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2022

Xa está aberta a inscrición para a Escola de Tecnificación ‘Compostec’ en https://bit.ly/FormularioCompostec2223 ou na web www.sdcompostela.com/compostec, actividade que está patrocinada por Vatop. Coordinada por Pablo Antas Pereiro e José Manuel Rodríguez Casais ‘Cardeñosa’, está destinada a nenos e nenas nados entre 2009 e 2014 e con ela buscarase que os participantes desenvolvan as súas habilidades deportivas nunha contorna educativa.

Baixo a supervisión do equipo de formadores, os obxectivos deportivos irán encamiñados a ampliar e mellorar a bagaxe motriz e as habilidades técnico/tácticas específicas dos participantes, a través da vivencia de situacións de xogo que lles permitan despregar e refinar o seu potencial.

Para iso dispoñerase dun excelente equipo de adestradores, do que formarán parte o xogador e capitán da SD Compostela, Pablo Antas; o segundo adestrador do primeiro equipo, Cardeñosa; e o tamén futbolista do Compos, Borja Rey, quen se encargará do traballo específico para os porteiros.

Os adestramentos, dunha hora de duración, terán lugar, de luns a xoves e segundo demanda, entre os campos da Escravitude e O Pino, cos seguintes horarios dispoñibles: luns, tres opcións (inicios ás 16.15, 17.30 e 18.45); mentres que os martes, mércores e xoves, haberá dúas sesións (16.15 e 17.30 horas).

En todos eles, realizaranse divisións en grupos reducidos, con diferenciación entre as etapas de formación e traballo específico para xogadores de campo e porteiros. Ademais, haberá actividades complementarias.

Aberta a todos os nenos e nenas da comarca, a matrícula, na que se incluirá a roupa de adestramento, ten un custo de 25€.

Dentro do rango de prezos, os xogadores da SD Compostela, así como dos dez clubs conveniados terán unha cota especial: xogadores do Compos ou dos clubs conveniados, 25€/mes; xogadores doutros equipos, 35€/mes; porteiros do Compos ou dos clubs conveniados, 30€/mes; xogadores doutros equipos, 40€/mes.

A maiores, haberá un desconto do 50% nas cotas para o segundo irmán, mentres que a partir do terceiro será gratis.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron onte a semana de adestramentos para o inicio do play off👉 A partir de mañá, centrados en comezar ben a fase de ascenso#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Comeza o play off!! Este sábado, a primeira gran cita en Vilalba!Todos xuntos, a comezar con bo pe!! 🫂⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos gañou en Viveiro, pero xogará o playoffToca levantar o ánimo, loitar ata o final e pelexar polo ascenso na faseTodos xuntos 🫂👉 sdcompostela.com/gl/2026/05/10/compos-viveiro-playoff-vitoria/📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINALVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián NoyaTocará loitar no playoff para acadar o ascenso!! Todos xuntos, ata o final!!Grazas a todos por acompañarnos en Viveiro! Seguiremos loitando!📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeSEGUIMOS, COMPOS!!IMOS LOITAR ATA O FINAL!! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.