Péchase unha pretempada da SD Compostela con gran presenza das categorías inferiores

29 de Agosto de 2022
Canteiráns vs RCD Fabril
  • No último amigable ante o Fabril, once xogadores da base participaron no encontro

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2022

A ‘canteira picheleira’ tivo un gran protagonismo na pretempada da SD Compostela, un papel moi destacado que se pechou da mellor maneira, con once xogadores da base participando no último amigable, este pasado domingo contra o RC Deportivo Fabril.

Desde que se iniciou o traballo do novo Compos, ás ordes de Fabiano, moitos xogadores canteiráns foron os que pasaron polos adestramentos do primeiro equipo, algúns deles coa oportunidade de debutar en partido.

Neste sentido, esta última fin de semana, Kike, do filial, e Hugo Matos, do Xuvenil A, debutaron en partido oficial coa SD Compostela na final da Fase Autonómica da Copa RFEF. Ademais, o central do Sigüeiro disputou todo o encontro.

Pola súa banda, en Taboada, tiveron presenza no equipo Trillo, Dani Varela, Xoel, Alvarellos, Hugo Matos e Goris, do Xuvenil A do Compos; e Anxo, Ozores, Axel, Santi de Prado e Santi Taboada, do filial. Para culminalo, Santi de Prado, marcou o seu primeiro gol coa camiseta da SD Compostela.

Nestas seis semanas de traballo tamén tiveron presenza nos adestramentos e en amigables previos: Óscar Remuiñán e Yago, do Sigüeiro; e Iker Carril, do Xuvenil.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, de novo todos xuntos, a pola vitoria🤝 Patrocinado por Limpiezas Salgado ⚽️ 𝐗𝟑𝟏🆚 Atl. Coruña Montañeros 🕕 18:00🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🫂 Unha invitación para cada abonado (só online)#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso canteirán, Goris 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬!! Felices de terte de novo sobre o verde e a por moitos éxitos, xuntos!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Seguimos! Volta ao traballo para preparar un novo partido moi importante👉 Desde xa, a polo seguinte obxectivo!#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos recupera o liderado tras un gran triunfo na Lomba, 0⃣-2⃣, cun Antón Guisande, que firmou un dobrete, estelar🫂 Desprazamento masivo de afeccionados do Compos que non pararon de animar👉 sdcompostela.com/gl/2026/04/12/compos-recupera-liderado-guisande/📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso adestrador trala gran vitoria na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.