O campo das Cancelas acolle esta fin de semana o primeiro Trofeo Alevín de Fútbol 8 da Deputación da Coruña

16 de Setembro de 2022
Esther Pedrosa, Cristina Capelán e Carlos Ferreiro.
  • Organizado en colaboración pola Federación Galega de Fútbol, a SD Compostela e o ente provincial, participarán 336 nenos e nenas de 28 equipos da provincia

A Coruña, 16 de setembro de 2022

O campo das Cancelas acolle esta fin de semana o primeiro Torneo Alevín F-8 Deputación da Coruña, organizado pola SD Compostela en colaboración coa Federación Galega de Fútbol e o ente provincial.

Esta mañá tivo lugar na sede provincial a presentación institucional do torneo, na que participaron a deputada de Deportes, Cristina Capelán; a concelleira de Deportes de Santiago,  Esther Pedrosa; e o tesoureiro da SD Compostela, Carlos Ferreiro.

Cristina Capelán destacou que “para nós, como institución ao servizo da cidadanía, é obrigado fomentar entre os máis pequenos valores como o esforzo, a perseveranza, a amizade ou a aposta por unha vida activa saudable”. “Por iso a aposta polo deporte de base é imprescindible”, afirmou.

O trofeo celebrarase en formato de Fútbol-8 mixto para categoría alevín (nados nos anos 2009 e 2010). Na cita participarán un total de 336 nenos e nenas de 28 equipos da provincia. “Estou segura de que moitos destes rapaces e rapazas que hoxe xogan xuntos ao fútbol forxarán, ao redor do balón, unha amizada que perdurará toda a vida”, indicou Capelán.

A deputada tamén fixo referencia á repercusión económica que terá este evento para a cidade xa que “Santiago será un fervedoiro de xente esta fin de semana”, porque “ademais dos participantes, as rúas da cidade compostelá encheranse coas familias dos nenos e nenas, que vibrarán e desfrutarán con cada partido”. “Temos un emprazamento inmellorable por estar ao carón da cidade monumental, o que fará que estas familias poidan desfrutar dunhas xornadas de ocio, esparexemento e deporte, a partes iguais, na capital de Galicia”, salientou.

Sistema de competición

Cristina Capelán detallou o sistema de competición, que terá unha liguiña inicial de catro equipos por grupo e posteriormente eliminatorias divididas entre cadro principal e cadro secundario, en función da clasificación conseguida. Os dous primeiros pasarán á disputa das eliminatorias na parte principal do cadro e os terceiros e cuartos clasificados pasarán á secundaria do mesmo, co obxectivo de que todos os equipos disputen o mesmo número de encontros.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.