Épica vitoria do Compos, a primeira, con golazo no 94

12 de Setembro de 2022
  • Cano, que reaparecía tras lesión, marcou o tanto da vitoria no último minuto
  • Tres primeiros puntos da tempada, cun ambientazo no fortín

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2022

Cun golazo de Cano no último minuto, a SD Compostela levou os tres primeiros puntos da tempada. Un zapatazo desde o bordo da área, axustado ao pau, serviu para que os nosos alcanzasen o éxito, ante un público entregado durante toda a tarde. A primeira de moitas que serve para coller sensacións nesta liga tan igualada.

A contenda no Vero Boquete comezou con clara cor branquiazul. Co impulso recibido no recibimento dúas horas antes, o Compos arrincou moi enchufado o duelo, cunha marcha máis que o seu rival.

En dez minutos, os branquiazuis tiveron até tres claras ocasións, con dous paus, que puideron significar o primeiro da tarde. No 6, Mario Rodríguez, despois dunha tremenda galopada desde campo propio, plantouse ante o porteiro, pero estrelou o seu disparo no traveseiro. Dous máis tarde, o mediapunta catalán apareceu en liña de fondo, puxo o pase da morte, pero Darío non chegou e Fer atopouse coa perna do porteiro. E no 10, un centro de Riki Mangana cabeceábao o dianteiro santiagués contra o pau.

Todo facía indicar que chegaría o primeiro gol local, pero o que acabou sucedendo foi xusto o contrario, tanto do Burgos na súa primeira aproximación. Tras o rexeite dun córner, no que os visitantes saíron beneficiados dun mal golpeo, Erik remataba de cabeza á rede un centro desde a dereita.

Tocaba remar e os nosos puxéronse ao choio. Mario chegou moi forzado a unha gran asistencia de Parapar e non puido orientar o esférico a portaría. En todo caso, noutra acción ensaiada, o Burgos rozou o segundo, sacando en curto, pero o disparo marchouse fóra.

Pero antes de chegar ao intermedio, no 44, caeu o primeiro gol da tarde para o Compos. Parapar foise do seu par, como fixo en todo o encontro, chegou a liña de fondo e, coa dereita, serviu atrás para a entrada de Fer Beltrán, quen de primeiras axustouna forte xunto ao poste, imposible para o porteiro, 1-1.

Á volta dos vestiarios, tras unha trepidante primeira parte, o ritmo baixou un pouco. A SD Compostela levaba o control coa pelota, dominando a contenda, aínda que lle custaba xerar perigo. Tentouno Roque, no 63, pero o seu golpeo desde a frontal escapouse rozando o traveseiro.

Fabiano moveu o banco, puxo defensa de tres centrais e tentou, cun tirón final, o tanto que se mereceu anteriormente. Así, no 85, Darío tivo a máis clara da segunda parte, até ese momento, cazando na área un pase de Jordan, pero o seu tiro virándose marchouse por moi pouco.

Con todo, o mellor estaba por chegar, no 94, cando a contenda xa agonizaba, Álvaro Casas rompeu liñas pola esquerda, deixouna para Cano e o atacante coruñés, tras orientala á súa perna dereita, soltou un zapatazo que se coou pegado ao pau. Un auténtico golazo que provocou o delirio nas bancadas e que significou os tres primeiros puntos para o Compos.

Xa non houbo tempo para máis e co desexado asubío final, o triunfo quedou na casa, unha vitoria de casta e orgullo que permite aos nosos coller impulso na competición.

FICHA TÉCNICA

2- SD COMPOSTELA: Pato; Riki Mangana, Kike (Damián, m.73), Álvaro Casas, Roque (Cano, m.73); Samu, Fer Beltrán; Parapar, Elliot (Jordan, m.60), Mario Rodríguez (Hugo Matos, m.81); e Darío.

1- BURGOS PROMESAS: Jonatan Morilla; Pol Bassa, Fernando Peralta, Marcos Gil (Jiménez, m.88), Erik Rafael (Adamov, m.67), Santi Pérez (Lucas Ricoy, m.77), Román Rodríguez, Javi López (Munguía, m.88), Alejandro Marcos, Amezcua e Saúl del Cerro.

GOLES: 0-1: Erik, min.21; 1-1: Fer Beltrán, min.44; 2-1: Cano, min.90+4.

ÁRBITRO: Rodríguez García (Asturias). Expulsou a Sergio Castiñeiras (m.84), no banco, por protestar. Ademais, amoestou a Mario Rodríguez e Álvaro Casas, polo Compos; e a Morilla e Marcos Gil, polo Burgos.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 2 de Liga da Segunda RFEF disputado ante 1050 espectadores. Antes do inicio gardouse un minuto de silencio na memoria de José Vázquez García e Antonio Miramontes Otero “Tucho”, abonados históricos do club.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.