Fabiano: “Non queda outra que facer un bo xogo, marcar máis goles que o rival e que a afección se marche contenta a casa”

9 de Setembro de 2022
  • O Compos espera sumar a primeira vitoria da tempada na estrea na casa

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2022

A SD Compostela volve este domingo ao Vero Boquete de San Lázaro, un reencontro coa afección con Fabiano á fronte do equipo. Trala derrota na estrea ligueira, os nosos queren quitarse esa espiña de encima e sumar os tres primeiros puntos do ano. Co apoio do público, o técnico branquiazul agarda un equipo dominador e con ambición para conseguir a vitoria.

Baixas. Están Antas e Cano, por lesión; e Martín e Crespo, por sanción. Ademais, Jordan saíu lesionado de Oviedo e veremos mañá como está, para decidir; e tamén Allyson, que ten un nocello tocado.

Rotacións. Co plantel xusto, faremos o cambio obrigado de Martín. Despois, estivemos a adestrar outra maneira de xogar con outros xogadores, que podería ser para a segunda metade, pero de inicio será só o cambio no lateral.

O penalti en Oviedo. Era unha xogada de ataque organizado, non facemos falta táctica, cóllennos a transición e nunha xogada tonta, penalti e expulsión. Fomos un equipo moi xuvenil para levar un gol así, hai que aprender e mellorar. Contra o Arenteiro tamén levamos un gol tonto, nun saque rápido dunha falta. Temos que crecer, a base de charlas, vídeos e actos no campo.

Sensacións da estrea. Foi un partido moi igualado, nun campo ao que nos conseguimos adaptar rápido. Na segunda tivemos dúas accións moi perigosas e un penalti por man que creo que foi claro, pero non fomos quen de marcar e démoslle vida ao contrario. É o inicio de tempada, a ver se non se repiten os goles parvos e se crecemos como equipo para estar na pelexa.

Rendemento de Kike. A Kike non o coñecía, tiña informes bos, foi crecendo na pretempada e demostrou que podía xogar. Xogou contra Arenteiro a final, tamén en Oviedo, deu o pase de gol e cumpriu o seu traballo, polo que estou contento. Hai outros canteiráns cos que tamén o estou e que terán as súas oportunidades, o cal é bo para o club.

Os canteiráns. Hai rapaces que melloraron moitísimo co primeiro equipo e non me queimará a man en poñelos. Parten desde abaixo, pero igual que Kike cumpriu co seu labor de ser titular, outros, se teñen a oportunidade, tamén o farán ben e poderán competir ao nivel que esixe o Compostela.

Defensa de catro ou cinco. O problema é que Crespo, que creo que é un bo xogador, está sancionado, polo que o sistema que mellor cae para os xogadores que teño agora é a liña de catro. Pero se temos que cambiar o sistema, por meter aos mellores xogadores, farémolo, porque o importante é ter un once que cumpra e compita ben. Temos que variar en función dos xogadores propios.

O Burgos. Eles saben do noso partido, porque está na plataforma, pero eles non o puxeron, non entendemos por que, polo que non sabemos as súas características, pero hai que ter paciencia. Na casa o Compos ten que mandar no xogo e temos que facer cousas nesta categoría, polo que tendo informes ou non, non hai escusa. Xogamos nun campo bo, coa nosa afección e temos que propoñer, porque non cabe outra cousa.

Atraer á afección. Para atraer a xente ao campo hai que gañar partidos e traballar para iso. O outro día tivemos a oportunidade de lograr os tres puntos, pero non fomos quen, polo que agora non queda outra que facer un bo xogo, marcar máis goles que o rival e que a afección se marche contenta a casa, para que volva dentro de quince días ao Estadio.

O equipo que quere. O club tivo unha liña continuísta durante cinco ou seis anos, polo que algúns mecanismos están a custarme máis do que pensaba, pero co paso do tempo farémolo. En quince ou vinte días veremos a cara do Compostela que queremos.

Gañar si ou si. Se non gañas o partido de fóra que estiveches a punto, hai que gañar na casa. Toca sumar os tres puntos, polo que o Compostela terá que gañar este domingo. Será difícil, pero hai que propoñer un bo fútbol para superar a un duro rival.

O plantel. Temos bos futbolistas, obviamente é un plantel curto, pero é o orzamento que hai. Así hai que apostar polos rapaces, tirar deles e aos poucos estarán máis dun no equipo titular. Temos que traballar co que temos, estou contento e tamén co nivel dos mozos de abaixo.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸️@sd tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.