Descontos de ata 15€ na Tenda do Compos cos Bonos Activa Comercio

26 de Outubro de 2022
Comercio
  • O establecemento da SD Compostela está adherido á Campaña da Xunta de Galicia
  • Xa se poden descargar e utilizar

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2022

A Tenda Oficial da SD Compostela forma parte da Campaña da Xunta de Galicia para reactivar o comercio local. Desde este pasado luns xa se poden descargar os Bonos Activa Comercio e utilizalos en todos os produtos do establecemento situado na Rúa da Raíña. Ademais, nesta edición, os descontos directos alcanzan os 15€.

A principal novidade este ano da campaña é que se amplían os tramos de desconto e os importes. Así, o desconto é de 5 euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.

Deste xeito, por exemplo, os clientes que teñan esta aplicación poderán comprar a camiseta da primeira equipación do Compos por 44 euros.

En total, o ente autonómico destina 5 millóns de euros a esta campaña coa previsión de mobilizar 17 millóns en compras en comercios de proximidade de toda Galicia.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.