A directiva da SD Compostela celebra unha reunión produtiva cos abonados

26 de Outubro de 2022
Directiva
Asistentes Reunión Directiva 2
Asistentes Reunión
  • O encontro tivo lugar no Hotel Oca Porta do Camino, patrocinador do club
  • Os dirixentes mostraron a actualidade do club e responderon as dúbidas dos oitenta afeccionados presentes

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2022

A directiva da SD Compostela celebrou esta tarde, no Hotel Oca Porta do Camino, unha reunión produtiva cos abonados. Uns oitenta afeccionados branquiazuis participaron activamente no encontro, no que se mostrou a actualidade do club, desde diferentes ámbitos: institucional, deportivo e económico.

Co propósito de achegar a entidade aos abonados, a nova directiva presentouse ante os presentes da man do novo presidente, Juan Carlos Rodríguez Gesto, quen fixo balance da xestión desde 2016, en xeral, e desde que comezou a tempada, en particular.

A continuación, o secretario xeral, Ángel Luis Espadas Díez, explicou detalladamente o orzamento, tanto de ingresos como de gastos, desta campaña 2022-23, o cal ascende a un millón trescentos mil euros.

Por último, Javier García, vicepresidente e portavoz da Xunta Directiva, repasou a actualidade deportiva, destacando a aposta que se tomou por futbolistas galegos e da contorna a partir de 2016, así como pola canteira, coa inclusión do filial o curso pasado e o impulso de todas as categorías inferiores, pasando duns cen xogadores a douscentos cincuenta. Así mesmo, destacouse o acordo co Conxo e os convenios asinados con equipos da comarca.

A directiva agradece a todos os asistentes a participación no acto, esperando que servise para achegar o club aos seus seguidores, coa premisa de ser transparentes aos afeccionados.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A pola segunda vitoria consecutiva!⚽️ 𝐗𝟐𝟐🆚 Club Silva SD 🗓️ Domingo, 22 de febreiro🕧 12:30 horas🏟️ Grela 1🎟️ Entrada libreEste domingo, anima aos nosos na Coruña! 🙌#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.