Martín Salvador: “Daremos o 200% para gañar na casa”

3 de Novembro de 2022
Charo Mayor e Martín Salvador
Miguel Fernández, Charo Soltero, Martín Salvador e Ramón Castro
  • O lateral analizou a previa do partido ante a Gimnástica en Joyas del Camino, o seu patrocinador e do encontro do sábado

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022

Na histórica Praza de Praterías, tan simbólica para a SD Compostela, Martín Salvador analizou a previa do partido deste sábado, un duelo ante a Gimnástica de Torrelavega que estará patrocinada por Joyas del Camino. Acompañado de Charo Soltero Mayor, o lateral navarro apuntou a importancia de sumar os tres puntos diante da afección.

Así mesmo, o acto serviu de presentación da nova marca que acompaña o proxecto da SD Compostela. “Joyas del Camino é un espazo en liña, que tamén ten unha localización física en Santiago, na emblemática Praza de Praterías. É unha marca que trata de vincular a artesanía do Camiño e de Compostela, coa tradición, a calidade e o comercio sostible”, sinalou a súa xerente.

Ademais, dada a súa vinculación á capital galega, apostaron por unirse ao Compos, co obxectivo de seguir crecendo da man. “Tratamos de colaborar cos proxectos deportivos da cidade, neste caso o Compos, porque entendemos que tamén son parte fundamental do éxito do Camiño”, explicou Charo.

Do mesmo xeito, Martín Salvador, ademais de agradecer o compromiso de Joyas del Camino, analizou a previa do duelo deste sábado no Vero Boquete.

Gañar en Carballo. A semana afróntase moito mellor despois dunha vitoria. Outras semanas non conseguimos os resultados, pero o equipo está cada vez mellor, este domingo chegou o resultado e seguiremos traballando para que sigan chegando as vitorias.

Partido ante o Torrelavega. Tanto animicamente como pola clasificación, conseguir os tres puntos sería un gran alivio. A semana seguinte temos descanso e viríanos ben para cargar as pilas ao 100% e volver con forza para o seguinte partido ante o Arenteiro.

Pelexar con todo. Esperemos facerlles dano desde o minuto un, ademais na casa. Coa afección apoiándonos temos que dar o 200% e iso faremos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

41 minutes ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.