O Compos vence en Carballo cunha gran remontada

30 de Outubro de 2022
Celebración Equipo Gol Fer Beltrán vs Bergantiños
Celebración Equipo Gol Roque vs Bergantiños
Celebración Equipo Vestiario vs Bergantiños
Celebración Gol Roque vs Bergantiños
  • Os goles de Roque e Fer Beltrán, na segunda parte, decantaron o encontro para os branquiazuis

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2022

A SD Compostela sumou a terceira vitoria da tempada tras superar por 1-2 ao Bergantiños. Os branquiazuis realizaron un gran encontro en As Eiroas, remontando a vantaxe inicial local, nunha soberbia segunda metade. Roque, no 50, e Fer Beltrán, no 83, selaron os goles do triunfo, tres puntos que serven para impulsar ao equipo na clasificación.

Regresando á defensa de catro, coas novidades no once de Jordan e Iván Martín, que debutaba co equipo trala súa fichaxe, os nosos comezaron coa premisa de controlar os ritmos da contenda, clave para poder sumar en Carballo.

Foi unha primeira metade de moito control, na que a mellor ocasión foi para a recente fichaxe compostelanista, cun disparo desde a frontal ao que se lanzou como un gato Santi Canedo para evitar o gol. Con todo, coa situación acougada, chegou o tanto local, despois dun centro de Pacheco que remachou no segundo pau Carlos.

Antes do intermedio, reaccionando ao gol local, Roque puido nivelar a contenda, pero o seu disparo cruzado salvouno o porteiro cunha gran estirada. Non sería nesta ocasión, pero si na seguinte, xa á volta dos vestiarios, cando o lateral santiagués, reconvertido a interior, puxo as táboas no marcador.

Corría no minuto 50 e aproveitando un balón solto na área, tras un centro envelenado de Riki Mangana, Roque poñía o exterior da súa bota para cravala polo segundo pau, un auténtico golazo.

Cinco máis tarde, nunha nova subida de Riki, Iván Martín desaproveitaría a oportunidade de culminar a remontada, rematando alto, na área pequena e sen porteiro, o gran centro dende a dereita. Non importaría, porque os compostelanistas eran superiores e o premio estaba próximo a lograrse.

Así, no 83, Mario Rodríguez, moi activo desde a súa entrada ao campo, poñía o balón en bandexa de prata para Fer Beltrán, cunha asistencia que superou a tres contrarios. O mediocentro do Saviñao, véndose só ante Canedo, golpeou o esférico coa súa perna esquerda e mandouno ao fondo da rede, 1-2.

Nos compases finais, os nosos seguiron dominando os tempos do partido e mesmo puideron materializar o terceiro, nunha nova acción de perigo de Mario, que se marchou do central para disparar coa zurda, pero sacouna o meta local coa súa perna.

Deste xeito, os tres puntos marcháronse para Santiago, cun subidón anímico para a SD Compostela, polo convincente do triunfo. Agora, tocará aproveitalo este sábado contra a Gimnástica de Torrelavega, no último encontro antes do parón da competición.

FICHA TÉCNICA

1- BERGANTIÑOS: Santi Canedo; Palomares, Chapu, Quindimil (Dani Pedrosa, m.89), Sellés; Uzal, Remeseiro (Meixús, m.67); Ander Pacheco, Adri Pérez (Iván Garrido, m.67), Boedo (Tomé, m.77); e Carlos.

2- SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Riki Mangana, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián; Pablo Antas, Roque, Fer Beltrán, Jordan (Mario Rodríguez, m.63); Iván Martín (Cano, m.63) e Darío (Parapar, m.80).

GOLES: 1-0: Carlos, min.36; 1-1: Roque, min.50; 1-2: Fer Beltrán, min.83.

ÁRBITRO: García de la Loma (Castela e León). Amoestou a Adri Pérez e Garrido, polo Bergantiños; e a Jordan, polo Compos.

INCIDENCIAS: Campo Municipal As Eiroas (Carballo). Xornada 9 da Segunda RFEF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽💙 Este domingo temos unha cita co fútbol galego.En TEN estamos orgullosos de apoiar ao SD Compostela e de formar parte dos proxectos que contribúen a fortalecer o deporte e a vida social da nosa contorna.📅 Domingo, 7 de xuño🕡 18:30 h📍 Estadio Verónica BoqueteMoita sorte!#SDCompostela #fútbolgalego ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.