Fabiano: “O equipo está a mellorar en ser competitivo, clave para comezar a gañar puntos”

28 de Outubro de 2022
  • O Compos enfróntase ao Bergantiños en As Eiroas coa premisa de converter a evolución do equipo en puntos

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2022

A SD Compostela enfróntase este domingo ao Bergantiños nun derbi ilusionante e ao que chega coas pilas cargadas. Tras mostrar unha gran imaxe no Vero Boquete contra o Coruxo, os nosos queren trasladar esas sensacións a Carballo e que, esta vez si, sirvan para conseguir os tres puntos, vitais nesta carreira de fondo. Fabiano confía en conseguir a vitoria coa melloría mostrada polo equipo.

Estado do plantel. Temos o problema de Mario Rodríguez, que estivo enfermo, pero hoxe adestrou ben e estará para o partido. Tamén recuperamos a Iván, que xa está en ritmo de competición. E teremos a todos, agás a Samu, pola sanción.

Recuperar efectivos. É bo ter un grupo para elixir, porque ademais os adestramentos son máis competitivos. A xente que volve de lesión non entra ao 100%, pero está moi ben.

Partido ante o Coruxo. Frustroume un pouco o tema da expulsión, porque no partido contra o Lugo métennos o segundo gol tocando o balón coa man e en cambio aquí Samu, que é un gentleman, bótano por un suposto cobadazo que non foi. Estou un pouco frustrado, porque quero que non nos quiten nada, pero polo resto estou contento, porque competimos ben, mesmo con dez. A xente está a volver á súa forma e o equipo está a mellorar en ser competitivo, clave para comezar a gañar puntos, que é o que fai falta.

Importancia de gañar. Creo que o Compostela ten equipo para loitar arriba. Estamos a tentar cambiar cousas, automatismos que viñan de antes, non é sinxelo facelo dun día para outro, porque ademais as lesións de xogadores importantes afectaron a este transcurso, pero estamos a crecer como equipo, gañando identidade e espero que consigamos os puntos para que o resto non se escapen.

Iván Martín. Agardo que achegue gol. É un home de área, que se move ben e responde rápido. Esperamos del a súa experiencia e a súa calidade dentro da área, para darnos goles que nos acheguen puntos.

Diferenzas con Darío. É máis home de área, Darío é máis móbil, polo que poderían xogar xuntos e pódennos dar cousas, ambos coa súa calidade. Estou contento con el e Iván ten que coller ritmo de competición para demostrar a súa calidade. Está a un ritmo suficiente para ir convocado e veremos se xoga ou non.

Ser un equipo compacto. O outro día vin que con dez o equipo estivo compacto, tivemos oportunidades de atacar con perigo e creo que a xente empezou a asimilar cousas que non viñan pasando. Estou contento, pero non podemos parar. Ao recuperar xogadores tes variantes de sistema e imos tentar conseguir os puntos e as vitorias, que é o máis importante.

Bergantiños. Será un partido difícil, nun campo de artificial no que o balón xira moi rápido. Eles na casa son bastante agresivos, polo que será complicado, pero sen escusas. Se somos competitivos, teño fe de conseguir os tres puntos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍Todos xuntos! 🤝A por unha nova final este domingo! 💪ℹ️ Recorda que se eres abonado maior de 17 anos podes retirar unha invitación (só online) 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Co apoio de todos, FORZA COMPOS! 📸 Nacho Castaño #composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 Gimnástica de Torrelavega🏟️ Os nosos adestraron esta mañá no Vero Boquete para preparar o partido vital deste domingo ás 17.00 horasImos a por todas, todos xuntos! 🩵🤍#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Hoxe temos de aniversario ao noso adestrador de porteiros, 𝐈𝐚𝐠𝐨 𝐓𝐚𝐛𝐨𝐚𝐝𝐚 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Iago!A celebralo este domingo cun triunfo 💪⚽️📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⌚️ Horario confirmado para as dúas últimas xornadas, que serán unificadas 🩵🤍x33 🆚Real Ávila CF 🏟️ Adolfo Suárez🗓️ Domingo, 27 de abril🕛 12.00 horasx34 🆚 Real Valladolid C.F. S.A.D Promesas 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo, 4 de maio🕛 12.00 horas🧴 Laboratorios Ozoaqua - Expertos en Dermocosmética con Aceites ozonizados #ávilacompos #composrvcantera ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
E repetiuse éxito nesta pasada xornada 🩵🤍✅ Compos✅ Filial (Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso)✅ Xuvenil A (Canteira Picheleira) A por outra máis 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.