A visita do Real Avilés ao Vero Boquete será Medio Día do Club

21 de Novembro de 2022
SD Compostela vs Real Avilés Industrial
  • Os abonados deberán pasar polo despacho de billetes para o partidazo do domingo ás 17.00 horas
  • As entradas para abonados, cun prezo de 10€ en Tribuna e 7,50€ en Preferencia, poderanse retirar a partir de mañá martes na Oficina ou na Tenda
  • Cada abonado, ao comprar a súa entrada, recibirá unha invitación para o seguinte partido na casa, na despedida do ano, ante o Real Valladolid Promesas

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022

O partido da SD Compostela contra o Real Avilés Industrial, que se disputará este próximo domingo 27 de novembro ás 17.00 horas no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, será Medio Día do Club. Os abonados maiores de idade terán que comprar a súa entrada para acceder ao encontro, a cal se poderá adquirir, a partir de mañá martes, tanto na Tenda Oficial como na Oficina.

A entrada para os abonados de Tribuna terá un prezo de 10€ e para os de Preferencia de 7,50€. Todos aqueles abonados que adquiran o seu billete de acceso, recibirán ademais unha invitación gratuíta para o seguinte encontro na casa, na despedida do 2022, contra o Real Valladolid Promesas.

Pola súa banda, os abonados ou abonadas menores de idade entrarán ao estadio como habitualmente, presentando o seu abono na porta de acceso.

Cabe citar que, ademais das posibilidades entre semana (de martes a venres estarán abertos ambos lugares), o sábado poderanse adquirir na Tenda Oficial (11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas) e o domingo nos despachos de billetes do Estadio, desde unha hora antes de iniciar o encontro (16.00 horas). En todo caso, recoméndase a súa adquisición con antelación.

Para aqueles que non son abonados, as entradas terán o prezo habitual de toda a tempada: 20€ adulto e 10€ menores de idade, en Tribuna; e 15€ adulto e 5€ menores de idade, en Preferencia.

O horario da Tenda Oficial, na Rúa da Raíña, é de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, de martes a sábado. Pola súa banda, a Oficina, na Porta 15 do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, estará aberta esta semana de martes a venres, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, @samurodriguez14Sempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, SamuSempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.