O Composfest chega ao corazón: abónate xa para a segunda volta e aproveita as vantaxes dos bonos do Concello

29 de Novembro de 2022
Composfest Media Tempada
  • Súmate ao Composfest como agasallo do Nadal e goza tamén dos dous últimos encontros da primeira volta
  • Aqueles que realicen o seu abono na Tenda Oficial poderán aproveitar os descontos dos Bonos Corazón e tamén de Activa Comercio
  • Aproveitando os descontos, o abono xeral para Tribuna sae a 45€ e o de Preferencia para menores de 30 anos a 18€

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2021

Abonarse á SD Compostela ten moitas vantaxes e facelo para a Segunda Volta non será unha excepción. O Composfest lanza a súa campaña 2.0 coa premisa de activar os corazóns branquiazuis. Así, ata o 10 de decembro, todos aqueles que realicen o abono na Tenda Oficial poderán beneficiarse dos descontos dos Bonos Corazón.

Trátase dunha oportunidade única de unirse á inchada compostelanista e animar aos nosos na segunda metade do ano, posto que, por exemplo, o Abono Xeral de Tribuna, incluído o desconto, sae a 45€; e o de Preferencia, para menores de 30 anos, a 18€ (30€ en Tribuna).

Non será o único desconto dispoñible, xa que cos Bonos Activa Comercio da Xunta de Galicia, todos os novos abonados tamén poderán gozar de maiores descontos na súa alta nova, neste caso, ata o 31 de decembro. Igualmente, este desconto só será aplicable para aqueles que o realicen na Tenda Oficial da Rúa da Raíña, cuxo horario actual é de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 horas e das 17.00 ás 21.00 horas.

Así mesmo, todos os que se abonen nestas datas previas ao Nadal poderán gozar tamén co seu abono dos últimos dous partidos da primeira volta (11 de decembro e 8 de xaneiro).

O rango de prezos para esta segunda volta, atendendo a bancada e a idade, será o seguinte:

TRIBUNA

MAIORES 65 ANOS: 65€ (Cos Bonos Corazón: 40€)

ADULTO (30-65 anos): 75€ (Cos Bonos Corazón: 45€)

MENOR DE 30 ANOS (18-29 anos): 50€ (Cos Bonos Corazón: 30€)

MENOR DE IDADE (4-17 anos): 5€ (Preferencia: Gratis)

EMPRESA (4 abonos): 225€ (Cos Bonos Corazón: 135€)

PREZO ESPECIAL PREFERENCIA

MENOR DE 30 ANOS (18-29 anos): 30€ (Cos Bonos Corazón: 18€)

 

VANTAXES DE FORMAR PARTE DO COMPOSFEST.

Do mesmo xeito, todos aqueles que se unan ao Composfest poderán beneficiarse de todas as vantaxes que ten ser abonado do club na campaña do 60 aniversario. Ademais de ter acceso aos partidos, hai moitas propostas a maiores, como agasallos todos os meses (entréganse por orde de recollida). Actualmente, está en marcha (ata o 10 de decembro) a recollida dun libro de segunda man en Re-Read.

Ademais, o abonado terá acceso gratuíto a todos os partidos como local do Xuvenil A de División de Honra, goza dun 10% de desconto nos produtos da Tenda e recibe invitacións con acceso preferente para as actividades da fundación e os eventos do 60 aniversario.

Cabe lembrar que os citados prezos corresponden co Abono Virtual, que se portará no teléfono móbil. No caso de preferir o formato físico, o carné terá un suplemento de 5€. Do mesmo xeito, a SD Compostela resérvase o dereito a celebrar un medio día do club.

Así mesmo, tamén se habilita a Oficina do Club e a páxina web (www.sdcompostela.com) para realizar o abono, aínda que nestes dous espazos non se poden aplicar os descontos do Concello nin da Xunta.

 

ABONO PICHELEIRO. Por outra banda, mantense a opción do “Abono Picheleiro” para todas aquelas persoas que non residan en Santiago (envío gratuíto só á Península Ibérica). Este terá un prezo de 30€ e levará consigo o envío dun bolígrafo, un imán, un delantal, un chaveiro, un adhesivo e unha pulseira, así como a opción de asistir a un partido da tempada que non sexa medio día do club.

Neste caso, pódese realizar, de maneira presencial, na Tenda; ou pola Web, habilitando o mail tienda@sdcompostela.com para resolver posibles dúbidas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.