Fabiano: “Quero que o Compostela sexa un equipo intenso e ordenado”

2 de Decembro de 2022
  • O Compos quere sumar un triunfo máis na súa visita, este domingo, ao Palencia

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2022

A SD Compostela viaxa este domingo a Palencia coa premisa de poder prolongar o seu bo estado de forma. Con catro vitorias consecutivas e instalados en postos de playoff, os nosos queren darlle continuidade á imaxe das últimas semanas no Estadio Nueva Balastera. Fabiano, que ten a todo o plantel de novo dispoñible, confía no traballo dos seus para sumar de novo os tres puntos.

Explicación da directiva. Mentres non estea asinado, non se pode dicir nada, porque en fútbol pode pasar de todo. Dixéronnos que o importante é que esteamos tranquilos, veña esa xente ou non, o club daranos soporte, ata final de tempada, para tentar o ascenso e nada máis. Loxicamente, como non está pechado, mellor non falar nada, porque en fútbol xa se viu de todo.

Centrarse no deportivo. Nada de descoidos. Temos un partido complicado o domingo, fará moito frío e temos que espabilar para conseguir gañar a un equipo que nos apertará, que vén dunha derrota na casa e un empate fóra e quererá gañar. Temos que facer un bo partido e un bo equipo para conseguir os tres puntos alí.

Un equipo que cre na idea. É difícil propoñer cousas novas despois de seis anos. Os xogadores comprárono, están a confiar no modelo de xogo e na idea nosa. Loxicamente, non fixemos nada, empezamos mal, agora gañamos, pero temos que seguir. Temos que ser un equipo gañador, afeito a gañar e o Compostela, por historia, ten que ser este equipo. Estou encima deles para que ninguén se relaxe e quen o faga quedará fóra, porque sen intensidade nin orde non somos un equipo. Quero que o Compostela sexa un equipo ordenado e intenso, porque calidade temos, para gañar os partidos, afacernos a gañar, como este último mes, e oxalá sigamos así.

O Palencia. É un equipo que me gustou, forte, que presiona alto, que ten bos xogadores, pero destacando máis o bloque. Loxicamente, imos explotar os seus puntos algo débiles que teñen e a ver se somos quen. Temos que ser moi ordenados e con intensidade moi alta para poder competir un partido difícil e fóra de casa.

Regreso dos sancionados. A verdade é que estou a adestrar coas dúas formacións. Gustoume moito a actuación de Samu e Kike. Estaba a gustarme tamén como o facían Casas e Roque nos partidos anteriores. Calquera once que saque, responderá. Adestrei onte e hoxe coas dúas formacións e, esta noite, despois do partido de Brasil, decidireime, dando mañá as últimas pinceladas para sacar un once forte, ordenado e con moita intensidade para poder gañar alí.

Todos preparados. En principio, temos a todo o mundo apto e iso é bo. Algún terá que caer da convocatoria, pero iremos dezaoito xogadores fortes para competir, igualar condicións con eles e oxalá sexamos quen de superalos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso capitán, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨Moitos parabéns, Crespo!!A celebralo mañá cunha vitoria e que veña acompañado de moitos éxitos 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🧐 Este sábado, de volta na nosa casa!💪🏟️ Preparados para darvos unha alegríaTodos xuntos! 🫂📸 Nacho Castaño#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 7🩵🤍 O adestrador compostelanista valorou o ánimo do equipo trala vitoria, comentou os xogadores que recupera e apuntou os aspectos fundamentais para darlle unha alegría á afección este sábado#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 8🆚 UD Llanera 🗓️ Sábado, 24/10🕔 17:00 horas🏟️ Pepe Quimarán#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Regresamos á nosa casa este sábado e queremos a vitoria 💪🩵🤍🤝 Partido patrocinado polo Mercado de Abastos de Santiago🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na web#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.